O Entroido en Galicia é a festa máis divertida e rebelde do ano. O seu obxectivo é rirnos da vida, pero este ano é un pouco difícil porque estamos inmersos nunha pandemia mundial.
Aínda así, no colexio quixemos celebralo aínda que sexa dunha forma diferente á habitual. Este ano aprendimos moito dos diferentes "entroidos, antroido, entruido, entrudio, entrudo e carnaval "que se celebra ao longo da nosa terra.
Empezamos polos máis pequenos que se divertiron pintando e personalizando as diferentes máscaras do entroido galego.
A 1º de Educación Primaria tocoulles coñecer aos "Troiteiros de Bande", esta máscara representaba a uns velliños que ían polas rúas meténdose cos rapaces e as mulleres. No seu sombreiro levaban uns espellos para escorrentar o mal de ollo e outros perigos.
A "Mázcara da Mourela" foi a tarefa encargada a 2º de E.P. Esta máscara destaca polo seu colorido.Predomina o branco e as cintas de cores. Velaquí o seu traballo:
En 3º de EP investigaron sobre os "Felos de Maceda" e averiguaron o seguinte:
Os rapaces e rapazas de 6º de EP fixeron o traballo sobre "os xenerais da Ulla", estas máscaras locen as súas mellores galas, uniformes militares adornados na cabeza con vistosas plumas, que xeralmente son de pavo real.
1º de ESO presentounos aos "Volantes do entroido ribeirao de Chantada", son uns personaxes moi singulares, pois levan uns puchos enormes con estruturas que poden chegar a pesar ata 15 quilos. Están adornados con cintas de cores, flores e bonecas.
Os "Boteiros de viana do Bolo" foron as máscaras que descubriron os rapaces de 2º de ESO. O traxe do Boteiro é moi colorido, a máscara é de madeira e sobre ela unha pantalla de arame cuberta de flores e tiras de papel que pode chegar a pesar 7 quilos.
A 3º de ESO toucoulles a estrela das máscaras, "Os Cigarróns de Verín", a careta é de madeira e pintada resaltando as cellas, unhas sonrosadas meixelas rodeadas por un enorme bigotee un gran sorriso que deixa ver a súa dentadura. A careta ten unha mitra pintada con motivos vexetais ou animais.
As "pantallas de Xinzo" foron as protagonistas en 4º de ESO. A máscara está feita con pasta de papel cun rostro que lembra a un demo con cornos.
Os mozos e mozas de 1º de Ciclo Formativos traballaron sobre a figura da "Madama de Cobres". Os traxes das madamas e dos galáns son espléndidos, na cabeza locen un espectacular sombreiro que pode chegar a pesar 7 kilos.
E por último chegamos ao traballo realizado en 2º de Ciclo Formativo, "A Bonita de Sande", levan a cara tapada cunha máscara sobre a que se dibuxa un fermoso rostro, na cabeza locen un armazón adornado con panos e plumas.
Se chegastes ata aquí puidestes facer unha volta por todos os entroidos da xeografía galega sen saír da casa.
Esperamos celebralo doutro xeito o ano que vén, pero agora toca coidarnos.
Viva o Entroido galego!
Casinos Near Me - Casinos Near Me in Washington, D.C.
ResponderEliminarA 양산 출장안마 map showing casinos and 전라북도 출장안마 other gaming facilities located 경산 출장마사지 near or 전라북도 출장샵 adjacent to Harrah's Cherokee Casino Resort, located 출장마사지 in Cherokee, North Carolina.