Neste ano tan raro que estamos a vivir, queremos que todos os rapaces e rapazas do colexio saquen un sorriso polo Entroido.O Mandadiño vaino conseguír coa axuda de todos vós.
Sabemos que non nos podemos xuntar para celebrar o característico festival de todos os anos, pero a alegría do Entroido debe reinar igualmente no colexio, por iso , desde o equipo de Dinamización Lingüística propoñemos que todos asistamos esa semana como nos indica o Mandadiño:
LUNS 8 FEBREIRO: unha capa, manta, toquilla.......algo que vaia polos ombreiros e nos cubra do frío
MARTES 9 FEBREIRO: para seguir abrigadiños, pero esta vez pola cabeza, poñamos un gorro ou sombreiro.
MÉRCORES 10 FEBREIRO: adornarémonos cunha bufanda, os máis calorosos pódeno facer cun pano ou mesmo unha garavata.
XOVES 11 FEBREIRO: non estariamos de festa se non nos pintaramos un pouco os ollos, ou mesmo unha maquillaxe espectacular.
VENRES 12 FEBREIRO: para rematar a semana, facelo protexidos de máscaras divertidas, por suposto enriba doutra homologada.
Esperamos a participación de todos vós, e que dentro das posibilidades que nos deixa esta pandemia, saquemos o mellor que hai no interior e gocemos do Entroido.
A rir un pouco!
No hay comentarios:
Publicar un comentario