lunes, 16 de noviembre de 2026

XOGAMOS AOS PEÓNS


 

O refraneiro recórdanos que polo San Martiño (11 novembro), peóns ao camiño; polo Santo André (30 novembro), trompos outra vez; polo San Amaro (15 xaneiro), peóns ao tellado; polo Santo Antón (17 xaneiro), peóns ao caixón; pola Santa Olalla (12 febreiro), peóns á borralla; e polas Pascuas, trompos ás ascuas…

Moitos dos xogos tradicionais galegos son xogos estacionais, é dicir, xóganse nunha determinada época do ano e non noutra. Pero se algún deles ten o momento do seu protagonismo ao longo do ano perfectamente marcado, ese é o peón. 

No noso colexio, profesores e alumnos de todas as etapas animáronse a bailalo como se ve nas imaxes.





         A nosa próxima cita é por San Andrés!



No hay comentarios:

Publicar un comentario