martes, 26 de marzo de 2019

A PALABRA MÁIS FERMOSA É ....................."MORRIÑA"!!



Durante este mes de marzo e ata onte, día 25, una urna estivo a disposición de toda a comunidade educativa para decidir cal era a palabra máis fermosa de todo o noso idioma.

Pois a democracia mandou, e, entre moitas verbas, a máis votada foi MORRIÑA, seguida de preto por outra palabra fermosa, APERTA, e curiosamente as terceiras clasificadas por empate foron dúas palabras moi dispares: FILLOAS e BOLBORETA.

Dúas mans inocentes de alumnas de 3º de ESO recontaron os votos mentres que outros compañeiros escribían as diferentes palabras na pizarra.

Dende o equipo de Dinamización damos as grazas a todas as persoas que fixeron posible esta actividade coa súa participación.



E para rematar vemos como 2º de EP participan na votación:

viernes, 15 de marzo de 2019

11ª edición NOVOS TALENTOS PREMIO RELATO CURTO



Hoxe ás 11 da mañá, na Facultade de Filoloxía de A Coruña, tivo lugar a 11ª edición dos premios de Relato Curto patrocinado por Coca-Cola.

Atá alí foron as nosas alumnas de 2º de ESO Clara Zapatero e Sabela R. O acto foi presentado pola Decana da Facultade, dona Mª Jesús Lorenzo, no seu discurso animou ao alumnado presente a seguir escribindo, pois abre as mentes e os corazóns.
 De seguido presentouse o tema deste ano:durante dúas horas e media debían relatar una historia que levara catro das seis palabras seguintes: Saudade, Solpor, Beizos, Fervenza, Mergullar, Acariñar.

As palabras viñan dentro dunha mini botella do famoso refresco, botella feita con materiais reciclables e o papel que contiña estaba feito dun material especial para que non se borraran as letras.

 
Mentres os rapaces estaban concentrados realizando o relato, os profesores acompañantes tivemos o grande pracer de asistir a un taller onde se mesturaron partes lúdicas e pedagóxicas do teatro, dirixido pola profesora e actriz Estíbaliz Veiga.



Unha vez rematado o tempo da escrita, os rapaces puideron degustar un rico aperitivo ofrecido pola marca de refrescos.

viernes, 8 de marzo de 2019

A MULLER QUE ADMIRO



Os equipos de Dinamización Lingüística e Biblioteca decidimos este ano conmemorar o 8 de marzo organizando unha gran exposición das mulleres que son referentes das nosas vidas.  Todos os alumnos colaboraron cunha fotografía e un sinxelo texto nesta mostra que se pode ver estes días no patio. Sirva como homenaxe e recoñecemento a todas elas este manifesto que leron os alumnos no acto do patio ese mesmo día:


Ogallá non tiveramos que recordar nada este día, ogallá non houbera pancartas nin berros nas rúas, ogallá non houbera desprezo, discriminación ou violencia por cuestión de xénero.  Ogallá non houbera 8 de marzo porque iso significaría que homes e mulleres somos iguais, nunca mellores, I-GUAIS. Pero a realidade é que as mulleres de todo o mundo seguen en loita contra os patróns machistas no traballo, na rúa e na casa.
Este ano, hoxe, decidimos mirar ao noso carón. Esta exposición que vedes no patio é a nosa homenaxe ás mulleres das nosas vidas. Non saen nas portadas nin lles dan titulares pero se merecen o mellor dos premios.
Dedicámosllo a:
-Ás nosas nais:
As veces esquecémonos de que no son só nais. Si, preocúpanse por nós e dannos todo o mellor. Pero tamén son mulleres, mulleres que pelexan día a día por realizarse profesionalmente, independentes, que cobran menos e traballan máis, cuxa dignidade está por enriba de todo.
-Ás nosas avoas e bisavoas que o tiveron máis difícil, que estiveron á sombra e foron invisibles, que atoparon barreiras e portas pechadas, que non puideron protestar. Sempre valentes abríronnos o camiño.
-Ás nosas compañeiras, que buscan un mundo máis aberto, máis tolerante, cheo de oportunidades no que se desterre o insulto, no que se venzan os medos, no que ninguén che faga sentir inferior.
-Ás nosas tías, adestradoras, profesoras, amigas, a todas esas mulleres que nos inspiran.
-Ás nosas alumnas e alumnos porque a desigualdade é inaceptable, porque a educación, a boa educación é a base desta revolución. Porque estamos convencidos de que a igualdade se conseguirá dende as aulas.
Esa será a nosa misión.
E a túa.




miércoles, 6 de marzo de 2019

E MARCHOU O MANDADIÑO DEIXÁNDONOS LEDICIA E FESTA



Un ano máis o Entroido chegou ao seu fin, pero coma sempre deixando un bo sabor de boca, e non o dicimos polas orellas e freixós destes días...eh!

Durante toda a semana pasada, os rapaces do colexio cumpriron o mandato do Mandadiño e viñeron ataviados como estaba prescripto: un día algo na cabeza, outro no pescozo, nos ollos e unas fermosas pecas para finalizar.

Fixéronse moitas fotos e aquí vai una pequeña mostra delas.

Xa estamos agardando con curiosidade polo Mandadiño do ano que vén!