domingo, 13 de marzo de 2011

"A muller traballadora"

A nosa árbore cargouse de froitos dedicados ás mulleres traballadoras, son unha pequena homenaxe que moitos nenos quixeron facer neste día tan especial.

domingo, 6 de marzo de 2011

OBRADOIRO "CANTA MÚSICA"

Dentro do proxecto "Bocaberta", o vindeiro día 8 de marzo realizarase un obradoiro "Canta música" na Ludoteca do Cantón de Molíns en Ferrol, a cita é ás 12 da mañá, non esquezades ir se o queredes pasar ben!. Veña, animádevos!