viernes, 13 de mayo de 2016

DÍA DAS LETRAS GALEGAS......QUE SEXA TODO O ANO!

Un ano máis vimos de celebrar a grande festa das nosas letras. Este ano, é Manuel María o escritor que coñecimos un pouco máis grazas as actividades levadas a cabo durante estes días nas aulas.
Pero hoxe tivemos a oportunidade de celebrar esta conmemoración todos xuntos en dous momentos diferentes.
O primeiro foi cando  acudimos ao salón de actos para coñecer en persoa a Manuel María (Jorge Castro) que nos namorou cos seus versos ao mesmo tempo que se presentaba.
Logo veu a peza de teatro "Berenguela, aventuras e desventuras dunha espiña de toxo" coa que gozamos enormemente grazas a actuación dos nosos actores favoritos: Cris, Lara, Jorge, Pedro, Diego e Ricardo.
Despois toucoulle ser protagonista á música, versos de Manuel María postos en boca dos alumnos de 3º de E.I coa peza "A vaca", e o fermosísimo  "Poema para namorar una rosa" interpretado por una bonita amalgama de profesores e alumnos de todos os niveis.
Rematouse o acto coa interpretación do Himno Galego, foi un momento moi emocionante e intenso no que todo o público , posto en pé, cantou co corazón.

O segundo momento da celebración tivo lugar no patio do colexio. Hoxe tivemos unas Letras pasadas por auga, pero isto non impediu que gozáramos de todos os xogos populares que tiñamos repartidos por todos os currunchos dos patios cubertos.
Os nenos, e non tan nenos, xogaron aos bolos, zancos, pita cega, culleres con pelotiñas, fixeron tatuaxes con versos do poeta homenaxeado, correron, saltaron e sobre todo ....compartiron risos e lingua.
Lingua de nós, lingua de todos. E como diría Manuel María:
Se perdemos a fala
non seremos ninguén!!!
Desde o equipo de Dinamización Lingüística damos as grazas a tod@s os compañeir@s que nos axudaron para que a xornada de hoxe resultara tan hermosa.

Aquí deixámosvos o video do acto da celebración e unhas fotos.