miércoles, 28 de febrero de 2018

O DÍA DE ROSALÍA

                                           

Este pasado luns celebramos por todo o alto o Día de Rosalía. A gran escritora galega naceu o 24 de febreiro de 1837 e é esa a razón pola que este día é un dos grandes da literatura galega.

O primeiro que fixemos foi un bonito concurso de marcapáxinas relacionado con este día e dirixido a todos os niveis educativos. Houbo unha moi grande participación e os gañadores son os seguintes:
Lara por EI, Martín de E.Primaria e en Secundaria a nosa alumna S.
 
 

Xa o propio día do acto visitounos a propia Rosalía de Castro, (en realidade era a nosa Sofía Allegue de 3º de ESO), para lernos un manifesto a prol de abrir as fiestras á cultura, á lingua, a Galicia!
                                   

Todos xuntos quixemos ser Rosalía ese día e para iso caracterizámonos da escritora cunha carauta que fixemos con todo o noso cariño.

Esperemos seguir celebrándoo o ano que vén!.





domingo, 11 de febrero de 2018

O MANDADIÑO ESTÁ NO COLEXIO



Como todos os anos o Entroido manda no colexio, así que todos collemos as nosas mellores "galas" e facemos caso ao Mandadiño para asistir preparados a clase.

Luvas,  lentes , bufandas, perrucas, gorros....... con estas pintiñas todos empezabamos o día con máis gañas.

O próximo año xa argallaremos máis cousas para que a diversión estea asegurada.

Bo Entroido a  todos!!!

jueves, 1 de febrero de 2018

E CO ENTROIDO.......... CHEGA O NOSO MANDADIÑO!

Nenos e nenas, rapaces e rapazas! Xa está un ano máis connosco o Entroido, enchendo de cor, cancións, disfraces e alegrías este frío mes de inverno.
O Mandadiño non podía ser menos e chega da man deste Entroido. Para cumprilo debemos de participar con alegría e ilusión, para iso este curso propoñemos cousas moi sinxelas para vir ao colexio cargados de enerxía e bo humor.

Collede bolígrafo e papel e apuntade:

LUNS: luvas (guantes)

MARTES: bufanda (cantas máis cores teña mellor)

MÉRCORES: lentes ou antiface

XOVES: sombreiro ou perruca , pero se o queredes as dúas cousas


Ánimo  e a participar, riremos xuntos nas aulas e no patio.