miércoles, 2 de diciembre de 2009

Celebración de San Jose de Calasanz

Con motivo da festividade de San José de Calasanz, patrono das Escolas católicas, fíxose un pequeno acto no patio do colexio.
Despois de escoitar unhas cantigas relacionadas coa data a celebrar, procedeuse á entrega de Diplomas aos mestres polos delegados e subdelegados das distintas clases. A continuación os mestres fixeron entrega dunhas larpeiradas ao seu alumnado.
Pola súa parte o Centro regalou a cada clase unha fermosa composición fotográfica , sobre unha panorámica de Pontedeume aparecen o Neno Xesús de Atocha e D. Baltasar (fundador do colexio) que, presidirá as nosas clases.
Rematada a xornada os mestres reuníronse nun xantar de convivencia.
Esperamos seguir celebrando esta data en anos sucesivos.

jueves, 12 de noviembre de 2009

Festa do Magosto 2009

Que bo magosto o celebrado no colexio!!!!

O alumnado da Escola San José disfrutou asando e degustando as saborosas castañas para celebrar o magoso 2009. Participaron os rapaces en xogos por equipos e  na ambientación do patio con distintos traballos.

O noso fermoso castiñeiro encheuse de ourizos, castañas e follas que contiñan adiviñas, ditos populares e receitas de cociña. O chan, quedou cuberto de cantigas populares e fungos con refráns. Tamén no ceo apareceron as nubes coas súas  historias e lendas sobre o magosto.

Que bonitiño nos quedou! e... Que ben o pasamos! Ata o próximo.

jueves, 5 de noviembre de 2009

ANIMACIÓN Á LECTURA

Aquí tedes un espazo para publicar frases que animen a ler.Das editadas, cal delas será a millor?

- "ti es o que les"

- "Un libro pechado é un mundo por descubrir, cheo de ilusión"

- "Un libro é un amigo, disfruta del"

- "Para viaxar lonxe, a mellor nave...un libro"

- O cerebro tamén ten fame. Dalle de comer: Le! . José Lois

- Ler é gratis e é unha oferta ilimitada. Aprovéitaa. José Lois

- Vive a vida. Vive a lectura. José Lois

- Os libros encerran un mundo, ler é a forma máis barata de viaxar. José Lois.

- Os libros son diversión a todos os prezos. José Lois

VALOREMOS O NOSO

Aquí tedes unha frase que pode ter moitísimas lecturas, animádevos a contarnos o que pensades dela. Que valorades máis da nosa terra?

miércoles, 13 de mayo de 2009

Canto sabes de Ramón Piñeiro?

As Letras Galegas 2009, están adicadas a Ramón Piñeiro, dende o equipo de Normalización convidámosvos a cubrir este pequeno cuestionario e deixalo en Secretaria, entre os acertantes sortearase un libro do ilustre escritor. Ánimo e a xogar!

1. Onde naceu Ramón Piñeiro?

a- Pontedeume                                             c- Armeá-Láncara (Lugo)

b- Verín                                                           d- en Arnoia

2. En que data naceu Ramón Piñeiro?

a- 31 xullo 1915                                          c- 21 xullo 1915

b- 3 xullo 1915                                            d- 31 maio 1915

3. Cando faleceu o homenaxeado nas Letras Galegas 2009?

a- 27 maio 1990                                         c- 27 xuño 1990

b- 27 xullo 1990                                         d- 27 agosto 1990

4. quen foi moi importante na vida de R.P. no inicio da súa traxectoria política?

a- Ramón Otero-Pedrayo                         c- Méndez Ferrín

b-Castelao                                                       d- Rosalía de Castro

5. Que estudos universitarios cursou Ramón Piñeiro?

a- Mediciña                                                     c- Filosofía e Letras

b- Maxisterio                                                  d- Xornalismo

6. Que exitosa editorial fundou R.P.?

a- Fora de Xogo                                             c- Xerais

b- Sotelo Blanco                                            d- Galaxia

7. Cal foi a característica a destacar nos comezos da editorial?

a- editaba en galego                                     c- esditaba só poesía

b- editaba só teatro                                      d- editaba textos filosóficos

8. Onde foi R.P. como profesor invitado en 1966?

a- Universidade de Oxford                        c- Universidade de Compostela

b- Universidade da Sorbona                     d- Universidade de Middlebury

9. Cando ingresou R.P. na Real Academia Galega?

a- 25 Novembro 1967                                 c- 12 Novembro 1967

b- 15 Novembro 1967                                 d- 25 Novembro 1967

10. Como se titulaba o seu discurso de ingreso na RAG?

a- As linguas e a linguaxe                           c- A lingoaxe i as lingoas

b- A lingua coma linguaxe                         d- A linguaxe coma lingua

11. En que obra de Méndez Ferrín aparece R.P como un personaxe que morre asasinado?

a- Arnoia, Arnoia                                           c- O crepusculo e as formigas

b- A fin dun canto                                           d- Retorno a Tapen

12.Cal é o tema principal na obra de R.P?

a- o amor                                                            c- a soedade

b- a saudade                                                      d- a emigración

13. Que galardón recibiu R.P. en 1985?

a- A medalla Castelao                                    c- O Príncipe de Asturias

b- O Premio Planeta                                        d- A chave de ouro do seu pobo

14. Que cargo ostentaba dende 1983 ata o día da súa morte?

a- alcalde de Santiago                                   c- Presidente do Consello da  Cultura

b- Presidente do Depor                                d- Presidente do APA

15. A que se adica a institución que leva o nome de Ramón Piñeiro?

a- estudar o teatro                                         c- estudos de lingua e lit galegas

b- estudias a toponimia galega                 d- estudar os río e as fontes

viernes, 13 de febrero de 2009

DECLARACIÓN SAN VALENTÍN

Non sei como empezar, non atopo as verbas para decirche o que sinto.

Dóeme escribir cada palabra, quixera que nunca ocorrera o que aconteceu porque sofro ao saber que xamais te interesei, sei que o erro foi meu por non saber esquecer, por crer en ti unha tarde que dixeches que te esperara, por quererte cada día máis, por facerche saber que te quero.

Por máis que todo o meu ser saiba que para ti non foi nada, como prohibir ao meu corazón que deixe de soñar, de sufrir, de chorar por un amor que non funcionará.

Como facer entender que o destino fixo que te tivera tanto amor? Este amor que só busca a tua ledicia ate o punto de preferir que non estés comigo, que estés con aquela persoa que sabe darche o que eu non poido.

Tan pouca cousa son? Tan pouco me valoras? Como serían as cousas se poidera rachar coas barreiras para chegar a ti agora que tanto te quero.

Lembra que só hai tres cousas que non se recuperan nesta vida: a frecha lanzada, a palabra dita e a oportunidade perdida

3º ESO
Es como un raio de luz

que ilumina o meu camiño

o meu camiño na penumbre

é alumado polo teu sorriso

2º ESO

Ti, querida do meu corazón

teño moito que agradecerche

pero sobre todo o teu amor

Cando me miras síntome querido

por iso non esquezo o aniversario do amor

2º ESO

Ti es a persoa que pido

pois sin ti non vivo.

Ti es a miña alma

que ao verte me asalta

2º ESO

Queridiña da miña alma!

Cada vez que te vexo meu corazón latexa máis forte que nunca. Todo en ti é perfecto, a tua cara, o teu cabelo, o teu sorriso, a tua roupa...

Cando sorís sinto felicidade na miña alma. Quérote

2º ESO

Eres a miña media laranxa

eres o meu amor

Ti es o meu corazón

Non me deixes só!

Disfrutamos un tempo

de grandeamor

Espero seguir máis anos

Non me rompas o corazón

2ª ESO

Porque a túa alma encadeoume,

porque o teu sorriso enganchoume,

porque non deixo de pensar no teu nome.

e atravesoume o peito e tatuóuseme permanentemente.

E así é como te quero eu

quérote dar agarimo o resto da miña vida

quero que os meus ollos vexan como te quero

2º ESO

cartas de amor no día de San Valentín

Poema de San Valentín

Ti iluminas a miña vida

e o meu corazón,

eres a luz do día,

quérote un monton