A primeira actividade foi investigar , por equipos, traballos tradicionais relacionados coa ganderia e co campo, outros co mundo do mar e o último cos instrumentos musicais.
Ás 10 da maña chegaron as "Mulleres rurais de Cabanas" para aprendernos o que fan coa la das ovellas da contorna.Grazas a elas, os nosos alumnos aprenderon a escarpizar:
O segundo paso foi cardar, actividade que lles gustou moito facer:
Logo de aprender isto foron probando os diferentes instrumentos da fía: o fuso, a roca.....
Despois do recreo veu Manolo Fuentes para falarnos da que foi a súa profesión durante moitos anos : a Pesca.
Contounos todo o que facían se ían ao Gran Sol ou a Baixura; tamén nos relatou a súa experiencia cunha balea preto dos cantís de San Andrés de Teixido.

Por último, e con toda a paciencia do mundo, ensinou como se cosían as redes e fixeron a práctica nas porterías de fútbol do colexio.
Ao día seguinte comezamos cunha presentación que fixo a profesora Blanca sobre os xogos de palabras, xogos de mans, as cancións que acompañan certos xogos...
.jpg)






























.jpg)











.jpg)







