viernes, 13 de febrero de 2009

DECLARACIÓN SAN VALENTÍN

Non sei como empezar, non atopo as verbas para decirche o que sinto.

Dóeme escribir cada palabra, quixera que nunca ocorrera o que aconteceu porque sofro ao saber que xamais te interesei, sei que o erro foi meu por non saber esquecer, por crer en ti unha tarde que dixeches que te esperara, por quererte cada día máis, por facerche saber que te quero.

Por máis que todo o meu ser saiba que para ti non foi nada, como prohibir ao meu corazón que deixe de soñar, de sufrir, de chorar por un amor que non funcionará.

Como facer entender que o destino fixo que te tivera tanto amor? Este amor que só busca a tua ledicia ate o punto de preferir que non estés comigo, que estés con aquela persoa que sabe darche o que eu non poido.

Tan pouca cousa son? Tan pouco me valoras? Como serían as cousas se poidera rachar coas barreiras para chegar a ti agora que tanto te quero.

Lembra que só hai tres cousas que non se recuperan nesta vida: a frecha lanzada, a palabra dita e a oportunidade perdida

3º ESO

4 comentarios:

  1. hOlaa jOolines que bonitos todos los poemas jaja ManoLiii no has puesto el que te regalamos xD era bonito eh? e fiin FELIZ DÍA A TODOS !
    muchisimos besos.
    CarLaa 3º E.S.O

    ResponderEliminar
  2. ¡Que bonito!¡Que bonito!

    ResponderEliminar
  3. Noraboa pola iniciativa ao equipo de Lingüística. Unha forma moi fermosa de facer participar aos alumnos.

    ResponderEliminar
  4. pero que fermoso Manoli ! unha aperta.

    ResponderEliminar