miércoles, 6 de abril de 2011

CINENSINO

O 5 de abril o alumnado de 4º, 5º e 6º de E.P asistiu á terceira e última película do curso 2010-2011, dentro do Programa de Prevención.
A película "Fantástico Mr. Fox" pertence ao módulo "Respecto pola natureza", resultou moi entretida e serviu para que os nenos aprendan a respectar a natureza como unha cuestión de supervivencia e reflexionar sobre o noso estilo de vida.
Doc1

VII FESTA DA LINGUA- PREMIO FREI MARTIÑO SARMIENTO

O día 1 de abril e con motivo da celebración da Festa da Lingua, o segundo ciclo de E.P. desprazouse a Santiago para disfrutar dunha xornada literario-lúdica que resultou moi pracenteira.
Todos poidemos disfrutar da presenza dos autores dos libros seleccionados para a lectura nas diferentes clases.
A mañá adicouse á parte literaria (coloquio, entrega de premios...) e a tarde foi unha xornada festiva e de disfrute dos xogos e inchables.