Con motivo da festividade de San José de Calasanz, patrono das Escolas católicas, fíxose un pequeno acto no patio do colexio.
Despois de escoitar unhas cantigas relacionadas coa data a celebrar, procedeuse á entrega de Diplomas aos mestres polos delegados e subdelegados das distintas clases. A continuación os mestres fixeron entrega dunhas larpeiradas ao seu alumnado.
Pola súa parte o Centro regalou a cada clase unha fermosa composición fotográfica , sobre unha panorámica de Pontedeume aparecen o Neno Xesús de Atocha e D. Baltasar (fundador do colexio) que, presidirá as nosas clases.
Rematada a xornada os mestres reuníronse nun xantar de convivencia.
Esperamos seguir celebrando esta data en anos sucesivos.