domingo, 25 de octubre de 2026

MEMORIAS DUN NENO LABREGO

 


O pasado 9 de outubro , os rapaces e rapazas de 3º e 4º ESO tiveron a grande sorte de desfrutar da peza "Memorias dun neno labrego", de Neira Vilas no Pazo da Cultura de Narón.

Esta obra inaugurou a Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil de Narón, con pases excepcionais para centros educativos.

O grupo intérprete é da Compañía Contaprodución dirixida polo grandísimo Cándido Pazó, este actor/dramaturgo/director pasou moito representando esta obra.

O noso colexio foi o primeiro en chegar á cita e fixémonos unha foto co teatro baleiro.


Todo o alumnado coñecía a peza pois é , desde hai moitos anos, lectura obrigada en 3º ESO.

Ao saír, intercambiouse opinións, e a meirande parte dos rapaces afirmaron que fora moi emotiva.




"Memorias dun neno galego" é atemporal, trata temas que, por desgraza, seguen a estar de actualidade.

Oxalá os Balbinos de hoxe en día non se sintan mal por non ser como a maioría.

 "......Eu son Balbino, un neno de aldea, un ninguén!

No hay comentarios:

Publicar un comentario