sábado, 24 de noviembre de 2018

A NOSA RELACIÓN CO GALEGO

Este foi o título dunha redacción posta en 1º de ESO a semana pasada. son 26 alumnos e cada un ten una relación diferente coa Lingua de Galicia, hainos que pensan que a lingua galega é una materia máis e difícil, outros que é una mágoa que non a falen porque nos seus fogares non a utilizan, poucos pensan que é o tesouro que temos en posesión todos os galegos..... e así ata 26 opinións.

Deixo dous exemplos de alumnas que , ao ler os textos na clase, fixeron que os seus compañeiros aplaudirán expontaneamente. A primeira é de Aurora Recamán e a outra de Liza Otero.

O meu galego
A miña relación co galego comeza cando escoitei por primeira vez a meu pai falar.
Como xa vos contei outras veces, a miña nai é de Perú, e aínda que alí non se fala galego, ela quixo tamén estudar a nosa lingua a prol de desenvolves a súa carreira profesional.
Pola miña banda, dende moi pequerrechiña as miñas mestras da gardería ensináronme as primeiras palabras en galego. Despois xa viñeron outros cursos onde fun perfeccionando a nosa lingua, tanto no eido gramatical como tamén o vocabulario e a escritura.
Có fin de acadar estes obxectivos tiven moita axuda por parte da lectura de contos e historias escritas en galego; un dos meus escritores favoritos é Agustín Fernández Paz.
Hoxe son quen de manter una conversa na nosa lingua, de ler e comprender un texto literario aínda que teño moito que mellorar. A vantaxe que teño é que aínda son moi nova e quédame moito tempo para estudar.
Síntome moi identificada coa nosa lingua que é a parte máis importante da nosa cultura galega.
                                                                               Aurora Recamán


A miña relación co galego
Galicia é a nosa terra e o galego o noso idioma. Este é tranmitido de país a fillos como forma de comunicación.
Eles falárono e nós falámolo.
A lingua é un reflexo da nosa historia, algo do que temos que estar orgullosos.
Escoitamos galego na casa pero tamén o estudamos no colexio.
As linguas permítennos ter máis facilidade na aprendizaxe de calquera materia.
Canto máis dominemos a lingua, mellor entenderemos todo o que nos rodea.
O galego crea un lazo de unión entre a xente que o fala e iso fai que un se sinta cómodo e protexido.
                                                                           Liza Otero

jueves, 22 de noviembre de 2018

III CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DESCRITIVA

Moi boas,

como ven sendo costume por estas datas, o equipo de Dinamización Lingüística convoca o concurso de fotografía descritiva, pero este ano hai un pequeño-gran cambio, en vez de describir o que ides fotografar, hai que facer un HAIKU.

Preguntarédesvos que é un "haiku", pois ben, é un xénero poético de orixe xaponesa.

É moi doado de facer, apuntade:
- Non ten rima
- O primeiro verso só ten 5 sílabas, e é onde se fala do sitio ou do tempo da foto, neste caso.
- O segundo verso ten 7 sílabas
- Terceiro verso 5 sílabas.

Velaquí un exemplo:

Vella lagoa...
                 Unha rá brinca;
                       O son da auga.
 

En total hai que escribir un poema de 17 sílabas, así que ánimo! , a facer fermosas fotos que vos transmitan pura poesía.

O prazo remata o 12 de decembro.
Os traballos entregaranse aos profesores que os farán chegar ao equipo de DL.

Grazas e a participar!

viernes, 2 de noviembre de 2018

POLO SAMAÍN, CAVEIRAS EU VIN!


Moi bo e feliz Samaín a todo o mundo!
Hoxe é un día moi feliz para os morceguiños, mouchos, curuxas, bruxas da nosa escola, xa que hoxe podemos saír á rúa co noso disfraz e poñer medo aos inocentes, hihihi!

Para celebralo fixemos moitas cousas, en primeiro lugar escribimos micro-contos téndonos a nós, personaxes do Samaín, como protagonistas. Das plumas dos rapaces saíron composicións do máis tenebrosas e sinistras, ideais para poñer medo nestas datas.





Ademais de escribir diferentes aventuras, tamén o pasamos moi ben no photocall que as nosas compañeiras de biblioteca fixeron para festexar o Samaín.

E por último fomos animar os nenos máis pequenos cunha canción típica: "Tumba, Tumba":