Dende o Equipo de Dinamización Lingüística desexamos un Bo Nadal a todos os que formamos este Colexio, persoal docente, non docente, directivos, nen@s, pais e nais.
Vivide o Nadal, vivide o GALEGO!!!
Como xa anunciamos nunha entrada anterior, hoxe tivo lugar a entrega dos premios do concurso de fotografía descritiva.
O lugar escollido para o evento foi a biblioteca e áta alí se achegaron todos os participantes con desexos de saber quen levara premio.
A sorpresa foi que todos foron premiados, xa que a calidade das súas descricións e fotografías era moi alta, pero , recontados os votos houbo un gañador (neste caso gañadoras) por etapa.
En E. P o primeiro premio foi levado por Inés Rodríguez e en Secundaria pola alumna Nerea Rodríguez.
Aquí vos deixamos una mostra do que foi a entrega de premios.
Parabéns a tod@s os participantes por facer da Lingua Galega un vehículo de unión entre a literatura e a fotografía.
Mil grazas por participar.
Dende hoxe están expostas as fotografías descritivas do outono no taboleiro de Dinamización Lingüista.
Este é o primeiro concurso que se fai desta índole e de seguro que o repetiremos despois de ver as fermosas estampas que os rapaces e rapazas describen tan agarimosamente.
O xurado vaino ter moi difícil, pois a escolla non será fácil.
Todos os concursantes, e quen queira apoialos, terán unha cita para a entrega de premios o vindeiro día 30, á hora do recreo , na Biblioteca do primeiro andar.
O pasado venres día 11, á hora do recreo, houbo unha festa no patio, e quen bailaba? Pois os peóns, grazas á habilidades dos nenos e nenas que con moita destreza os impulsaban e facían que as súas reviravoltas foran seguidas por olliños inquedos.
Os maiores aprendían aos pequenos, e os novos tempos tamén tiveron cabida nesta festa tradicional xa que os meniños de E.I trouxeron peóns lanzados por un pequeño artefacto, tamén os había "mecánicos", pero os máis demandados eran os que pasan de xeración en xeración, os de madeira cun cordel.
Graciñas a todos por participar.
O refraneiro recórdanos que polo
San Martiño (11 novembro), peóns ao camiño; polo Santo André (30
novembro), trompos outra vez; polo San Amaro (15 xaneiro), peóns ao
tellado; polo Santo Antón (17 xaneiro), peóns ao caixón; pola Santa
Olalla (12 febreiro), peóns á borralla; e polas Pascuas, trompos ás
ascuas…
Moitos
dos xogos tradicionais galegos son xogos estacionais, é dicir, xóganse
nunha determinada época do ano e non noutra. Pero se algún deles ten o
momento do seu protagonismo ao longo do ano perfectamente marcado, ese é
o peón.
Deste xeito, convidámosvos a bailar os peóns ou buxainas este venres á hora do recreo xa que comezamos có ditado do refraneiro: polo San Martiño......., así que o patio será o escenario perfecto para seguir coas tradicións galegas que continuarán grazas a vós.
como estamos rodeados un fermosísimo outono, os membros do equipo de Dinamización Lingüística pensamos en realizar un concurso de fotografía no que describades en poucas palabras a imaxe elixida, o tema é o outono.
Aquí vos deixamos as bases do concurso , esperando que aparticipación sexa altísima!
BASES 1.Presentación dunha fotografía
relativa ao outono aportando unha pequena descrición. (tamaño 15x20). A
fotografía pegarase a a un folio A4, con título e a descrición. 2.Entregarase co nome e curso por
detrás á titor@ 3.O prazo de entrega comprende
desde o 07 de novembro ata o 23 de dito mes.(Ámbolos dous incluídos) 4.Só se acepta un traballo por
persoa. 5.Valorarase a orixinalidade da
fotografía e do texto. 6.Os premios serán entregados o 30
de novembro na Biblioteca á hora do recreo. 7.O xurado estará composto polos
membros de Dinamización Lingüística. 8.Importante: non se admitirán
fotografías tiradas de Internet. 9.Os traballos noutra lingua que
non sexa a galega quedarán fora do concurso.
Un ano máis chega o outono á nosa escola, e como o celebramos? Pois por todo o alto!
Decoramos os corredores e as portas das clases, facemos verdadeiras obras de arte coas cabazas e sobre todo celebramos o Magosto.
Foron semanas de traballo duro pero moi atractivo, mentres os máis pequenos decoraban cabazas e ambientaban o cole, os maiores investigaban sobre a orixe do Samaín, verdadeira festa celta, e facían un power point onde o explicarían a todo o mundo.
Pero nunha boa festa non pode faltar a comida, os xogos e a música.
A nosa comida máis tradicional nestas datas son as castañas e sobre todo, as castañas asadas nun fermoso magosto.
O magosto estivo amenizado por multitude de xogos tradicionais como a "castaña malabarista","a castaña voadora","colares de castañas", "bailando entre cabezas"..... e moitos máis.
A música foi a protagonista de moitos xogos como o de "culleres con castañas" ou "bailanado con cabazas".
Foi unha mañá chea de emocións, xogos e sobre todo diversión.
Un ano máis vimos de celebrar a grande festa das nosas letras. Este ano, é Manuel María o escritor que coñecimos un pouco máis grazas as actividades levadas a cabo durante estes días nas aulas.
Pero hoxe tivemos a oportunidade de celebrar esta conmemoración todos xuntos en dous momentos diferentes.
O primeiro foi cando acudimos ao salón de actos para coñecer en persoa a Manuel María (Jorge Castro) que nos namorou cos seus versos ao mesmo tempo que se presentaba.
Logo veu a peza de teatro "Berenguela, aventuras e desventuras dunha espiña de toxo" coa que gozamos enormemente grazas a actuación dos nosos actores favoritos: Cris, Lara, Jorge, Pedro, Diego e Ricardo.
Despois toucoulle ser protagonista á música, versos de Manuel María postos en boca dos alumnos de 3º de E.I coa peza "A vaca", e o fermosísimo "Poema para namorar una rosa" interpretado por una bonita amalgama de profesores e alumnos de todos os niveis.
Rematouse o acto coa interpretación do Himno Galego, foi un momento moi emocionante e intenso no que todo o público , posto en pé, cantou co corazón.
O segundo momento da celebración tivo lugar no patio do colexio. Hoxe tivemos unas Letras pasadas por auga, pero isto non impediu que gozáramos de todos os xogos populares que tiñamos repartidos por todos os currunchos dos patios cubertos.
Os nenos, e non tan nenos, xogaron aos bolos, zancos, pita cega, culleres con pelotiñas, fixeron tatuaxes con versos do poeta homenaxeado, correron, saltaron e sobre todo ....compartiron risos e lingua.
Lingua de nós, lingua de todos. E como diría Manuel María:
Se perdemos a fala
non seremos ninguén!!!
Desde o equipo de Dinamización Lingüística damos as grazas a tod@s os compañeir@s que nos axudaron para que a xornada de hoxe resultara tan hermosa.
Aquí deixámosvos o video do acto da celebración e unhas fotos.
Dous alumnos de 2º de ESO, Greta Rey e Anxo Rodríguez, participaron onte na 8ª edición do concurso de novos talentos no premio de relato curto que promove Coca-Cola, e que se celebrou onte na Escola de Maxisterio en A Coruña.
O único estímulo que recibiron os novísimos escritores foi a frase :" Aquela sombra desconcertáballe" .
Dispuxeron de dúas horas para redactaren os seus traballos, e tiñan una limitación: non exceder o espazo que tiñan (só dúas follas coas súas caras habilitadas).
Só pode haber un gañador, (que mágoa!) e o premio será a participación nun campus literario e una viaxe a Londres.
Greta e Anxo antes de entrar no Salón de actos de Maxisterio
Despois de rematar foron agasallados cunha merendola
Xa chega o Entroido, e para recibilo , os rapaces do colexio traballaron moitísimo na decoración do patio.
Realizaron muráis, carautas marabillosas que esperan por vós no patio cuberto, será alí, nese marco festivo, onde todos gocemos das sobremesas típicas deste tempo.