miércoles, 23 de febrero de 2022

CARTAS DE AMOR CON PREPOSICIÓNS (NON PROPOSICIÓNS)


 

 O amor, oh! O amor!Os rapaces e rapazas da ESO estiveron a facer durante este mes de febreiro unhas cartas de amor, pero non eran unhas cartas calquera, pois tiñan que cumprir unha condición: debían de estar feitas coas preposicións galegas por orde alfabética!

Non foi unha tarefa fácil pois, como sabedes, hai todo tipo de preposicións. Hainas de causa,compañía, finalidade,instrumento, lugar, modo, pertenza e tempo. 

Os rapaces debían construír unha carta, con sentido, e utilizando as preposicións axeitadas a cada momento.

Velaquí algúns exemplos:







 

23F- DÍA DE ROSALÍA

 

A partires deste ano, o 23 de febreiro terá unha nova connotación para nós, os galegos. Hai 185 anos que Rosalía de Castro nacía en Santiago.

Como cada ano, por estas datas, todo o colexio prepara a súa homenaxe á poetisa galega, e hoxe, ás 11.30 da mañá, reunímonos todos ao redor da figura da escritora universal.

En primeiro lugar tivemos unha Rosalía do século XXI que lle enviou unha carta a todos os mozos e mozas presentes, invitándoos a non renegar da lingua galega e a non deixala esquecida polos rincóns.


 

 

 

 

 


 


A segunda actividade foi a lectura de poemas versionados, ou inspirados , dos máis fermosos da autora, como "Tembra un neno", que o fixeron os rapaces de 1º ESO e aquí expúxose o de Jimena Costas.


 

 

En 2º de ESO, Lucía Amado e Adara Barro versionaron "Tecín soa a miña tea"














Os rapaces de 3º de ESO inspiráronse en "Negra Sombra " e Martin Tenreiro leu a súa versión:



E por ultimo, nesta primeira parte, os alumnos de 4º ESO reinterpretaron os versos de "Unha vez tiven un cravo", Jana Fuentes e Begoña Álvarez leron as súas creacións:



De seguido, os alumnos de 5º e 6º de EP, contestaron á pregunta : "Nós somos Rosalía porque....."

E houbo moitas contestacións maravillosas, como: "somos poetas,amamos a lingua galega, represéntanos......."


Os rapaces de 4º e 5º de EP fixeron un "Dígocho eu", baseado en poemas de Rosalía, entretiveron e ensinaron ao mesmo tempo.


E xa case para rematar, os nenos de EI e 1º e 2º de EP, cantaron a viva voz e coas carautas de Rosalía, a canción de Uxía "Rosalía Pequeniña".





E para finalizar este acto, aínda quedaba unha última homenxe a Rosalía, degustar o seu "Caldo de gloria" no comedor do colexio.









Desde o Equipo de Dinamización Lingüística damos as grazas a todas as persoas que axudaron a que este acto se desenvolvera da mellor forma posible.


jueves, 17 de febrero de 2022

É A HORA DO "MANDADIÑO"

A que data nos achegamos? Pois ao Entroido!!!!!

Nenos e nenas do colexio están desexando ver o "Mandadiño" ,coma cada ano por estas datas, para encher o Centro de cor e ilusión.

Pois este ano ímonos convertir todos en súperheroes e superheroínas, e cómo? Pois cada dous cursos intentará emular a un heroe diferente.

Educación Infantil serán "Lanternas Verdes"

1º e 2º de EP convertiranse en "Homes e Mulleres Morcego".

3º e 4º de EP serán os /as" Incríbles".

5º e 6º de EP disfrazaránse en "Homes e Mulleres Araña".

1º e 2º ESO serán os "Capitáns GALIZA"

3º e 4º de seguro que chegarán a ser uns "Súperhomes e Súpermulleres"

CICLO: esperemos que se convertan en "O rapidiño".


Para todo isto teremos que seguir as instrucións do Mandadiño:

- LUNS 21 de febreiro : CAPA

- MARTES 22 de febreiro: CINTO

- MÉRCORES 23 de febreiro : ANTIFACE

- XOVES 24 de febreiro: LUVAS

e o VENRES 25...... estaremos completos!!!!

Animádevos a debuxar un colexio cheo de cor , alegría e SUPERHEROES!!