viernes, 10 de abril de 2026

A FUXIDA DO BOU RAMÓN


 Esta semana os alumnos de 3º ESO asistiron á visita guiada promovida pola  A.C Memoria histórica Democrática e o Concello de Pontedeume sobre "A fuxida do bou Ramón".

Alí contamos coa sabiduria de Fernando Ocampo que nos guiou pola historia de 27 republicanos que, tras estar 3 anos agochados pola comarca, partiron o 20 de xullo de 1939 nun pesqueiro dende Ares cara a liberdade e chegaron a Francia. 



 

miércoles, 8 de abril de 2026

OBRADOIRO " TRADICIÓNS"


 Antes de marchar de vacacións de Semana Santa, o colexio estivo embarcado en diferentes obradoiros. Tres profesores do equipo de Dinamización Lingüística propuxemos "Tradicións". O noso obxectivo era que o alumnado coñecera diferentes oficios, algúns deles a piques de desaparecer, cantigas e xogos dos tempos dos seus avós e bisavós.

A primeira actividade foi investigar , por equipos, traballos tradicionais relacionados coa ganderia e co campo, outros co mundo do mar e o último cos instrumentos musicais. 




 Ás 10 da maña chegaron as "Mulleres rurais de Cabanas" para aprendernos o que fan coa la das ovellas da contorna.
Grazas a elas, os nosos alumnos aprenderon a escarpizar:



 O segundo paso foi cardar, actividade que lles gustou moito facer:


 
Logo de aprender isto foron probando os diferentes instrumentos da fía: o fuso, a roca.....




 
Despois do recreo veu Manolo Fuentes para falarnos da que foi a súa profesión durante moitos anos : a Pesca.

Contounos todo o que facían se ían ao Gran Sol ou a Baixura;  tamén nos relatou a súa experiencia cunha balea preto dos cantís de San Andrés de Teixido.


 Por último, e con toda a paciencia do mundo, ensinou como se cosían as redes e fixeron a práctica nas porterías de fútbol do colexio.


Ao día seguinte comezamos cunha presentación que fixo a profesora Blanca sobre os xogos de palabras, xogos de mans, as cancións que acompañan certos xogos...


 

Despois da explicación, elaboramos unhas bonecas de la, estas bonecas foron aprendidas pola avoa Celia desta servidora. Algúns rapaces non chegaron a facer as bonecas e quedaron en polbos.



 
A segunda parte da mañá estivo dedicada a poñer en práctica algúns xogos dos de antes: canicas, corda, a goma, xogo de mans, a corda de mans, discos, atrapa a bóla, a pita cega, os zancos....
 






 
 E atá aquí o obradoiro de "Tradicións", queremos dar as grazas á xente que colaborou conosco, en especial ás Mulleres rurais de Cabanas e a Manuel Fuentes por vir mostrarnos o seu saber desinteresadamente.