jueves, 8 de mayo de 2008
O CONTO VIAXEIRO
O día das letras galegas repartirase un exemplar a cada neno para que poidades disfrutar da historia da que sodes coautores, cos aoutros nenos e nenas do colexio, sempre que queirades.
Xa queda pouco para telo nas vosas mans.
A historia relatada
XA TEMOS GAÑADORES!!
As pegatinas repartiranse o día das letras galegas.
A ambos os dous parabéns!!
miércoles, 30 de abril de 2008
Semana das letras galegas
Gracias aos veciños de OLMO por invitarnos un ano máis a participar nos seus actos.
Remata o prazo para o concurso de pegatinas!
O próximo mércores 7 de maio farase a elección. Estade atentos ao gañador
Xa está rematado o conto viaxeiro!
Xa queda menos para coñecer o seu contido.
miércoles, 16 de abril de 2008
Rosalía ilustrada
A exposición Rosalia Ilustrada intégrase nun programa de exposicións didácticas organizadas polo Servicio Educativo Caixa Galicia.
Trátase dunha recompilación de vintecinco poemas de Rosalía ilustrados por cadanseu debuxante. Todos eles son importantes ilustradores de recoñecido prestixio tanto en Galicia como fora de aquí e aportan un complemento gráfico para a mellor comprensión dos poemas escollidos.
Despois de acudir á exposición trabállase na clase cun material didáctico vinculado ás diferntes areas curriculares, complemento da exposición para asentar os coñecementos adquiridos na mesma.
miércoles, 9 de abril de 2008
PERSOEIROS QUE DAN NOME ÁS NOSAS RÚAS
Saavedra Meneses, Doctor villanueva, Ricardo Sánchez, Raxoi, Salgado Torres, Maestro Álvarez Vázquez Penedo.... estes e moitos outros nomes resúltannos moi familiares xa que os nosos amigos, avós, o incluso nos mesmos vivimos nas rúas que levan estes nomes, pero... que farían ese homes para merecer tal privilexio?
O CONTO VIAXEIRO CHEGA Á ESO
O conto viaxeiro segue a súa andanza a traves das clases do colexio. Nestes momentos atópase en 1º da ESO, tras pasar por EI e EP. Xa vai tomando forma, e aínda que non vos imos desvelar o contido, si vos diremos que transcorre unha fermosa fraga, con flores, árbores, amimaliños.... e ata un ogro.
xa queda pouco para o desenlace, así que seguiremos informándovos sobre o mesmo!
viernes, 4 de abril de 2008
CONTO VIAXEIRO
Actualmente atópase en 5º de primaria. Unha vez rematado, enmaquetarase, ilustratase e se publicará para dar a coñecer o resultado final.
Irémosvos informando de como se vai desenvolvendo.
CONCURSO DE PAGATINAS
Ánimo a todos e sorte co voso deseño!
domingo, 17 de febrero de 2008
OLA A TODOS!
Este comentario púxose por mor de recibir comentarios en castelán que non poden ser posteados.
Dámosvos as grazas por participar no blogue, e por suposto animámosvos a seguir facendoo.
jueves, 14 de febrero de 2008
RECORDADE!
Animámovos a todos a participar!
lunes, 11 de febrero de 2008
Que significa diversión?
Pensemos un intre no significado da palabra diversión. Di-versión, divertirse soa a verterse ou volcarse, saír de un mesmo, de certa maneira. Un pode sair e perderse, ou pola contra, sair con dominio da situación para atopar un momento de grande benestar consigo mesmo. A diversión é moi necesaria, xa que fainos medrar como persoas,canalizando as nosas preocupacións e enfados,relativizando os problemas da vida...; e ademáis, a quen non lle gusta divertirse?
domingo, 20 de enero de 2008
ACHÉGASE O ENTROIDO!
jueves, 10 de enero de 2008
¡BENVIDOS AO BLOG DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA!
Para iso, iremos propoñendo periodicamente temáticas sobre as que reflexionar, que esperamos sexan do voso interese.
¡Contamos coa vosa colaboración para que este Blog saia adiante!