lunes, 18 de mayo de 2015

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015

Hoxe pola mañá, reunímonos todos xuntos para festexar as Nosas Letras.

Este ano, foi Xosé Fernando Filgueira Valverde o escritor homenaxeado e tivemos a oportunidade de descubrilo un pouco máis grazas a un ppt presentado por rapaces de 4º de ESO.
Como algo que caracteriza á fala galega é a disputa dialéctica en verso e improvisada, os alumnos de 2º da ESO deixáronnos gozar dunhas regueifas feitas por eles mesmos.
O baile galego tradicional veu da man dalgunhas rapazas do terceiro ciclo de E.P, coa fermosa “Muiñeira mariñana”.

Todo o salón de actos cantou con moita marcha, a interpretación de Paco Nogueiras na que anima e fomenta o uso da nosa lingua: “Meu mundo é”.
Para finalizar a celebración no salón, todos nos puxemos en pé para poder interpretar o Himno Galego, acompañados pola música da gaita do noso compañeiro Xavier.

Pero a festa non rematou aí!!!!!, aínda nos quedaban folgos para poder brincar cos xogos tradicionais, dos que maiores e nenos puidemos  aproveitar ata que tocou a campaíña de marchar!!

E como todos os anos, o equipo de pilotaxe de Dinamización Lingüística, damos as grazas a cantas persoas colaboraron para que hoxe fora unha xornada máxica.
MIL PRIMAVEIRAS MÁIS PARA A NOSA LINGUA!!!! FALEMOS GALEGO