viernes, 13 de febrero de 2009

DECLARACIÓN SAN VALENTÍN

Non sei como empezar, non atopo as verbas para decirche o que sinto.

Dóeme escribir cada palabra, quixera que nunca ocorrera o que aconteceu porque sofro ao saber que xamais te interesei, sei que o erro foi meu por non saber esquecer, por crer en ti unha tarde que dixeches que te esperara, por quererte cada día máis, por facerche saber que te quero.

Por máis que todo o meu ser saiba que para ti non foi nada, como prohibir ao meu corazón que deixe de soñar, de sufrir, de chorar por un amor que non funcionará.

Como facer entender que o destino fixo que te tivera tanto amor? Este amor que só busca a tua ledicia ate o punto de preferir que non estés comigo, que estés con aquela persoa que sabe darche o que eu non poido.

Tan pouca cousa son? Tan pouco me valoras? Como serían as cousas se poidera rachar coas barreiras para chegar a ti agora que tanto te quero.

Lembra que só hai tres cousas que non se recuperan nesta vida: a frecha lanzada, a palabra dita e a oportunidade perdida

3º ESO
Es como un raio de luz

que ilumina o meu camiño

o meu camiño na penumbre

é alumado polo teu sorriso

2º ESO

Ti, querida do meu corazón

teño moito que agradecerche

pero sobre todo o teu amor

Cando me miras síntome querido

por iso non esquezo o aniversario do amor

2º ESO

Ti es a persoa que pido

pois sin ti non vivo.

Ti es a miña alma

que ao verte me asalta

2º ESO

Queridiña da miña alma!

Cada vez que te vexo meu corazón latexa máis forte que nunca. Todo en ti é perfecto, a tua cara, o teu cabelo, o teu sorriso, a tua roupa...

Cando sorís sinto felicidade na miña alma. Quérote

2º ESO

Eres a miña media laranxa

eres o meu amor

Ti es o meu corazón

Non me deixes só!

Disfrutamos un tempo

de grandeamor

Espero seguir máis anos

Non me rompas o corazón

2ª ESO

Porque a túa alma encadeoume,

porque o teu sorriso enganchoume,

porque non deixo de pensar no teu nome.

e atravesoume o peito e tatuóuseme permanentemente.

E así é como te quero eu

quérote dar agarimo o resto da miña vida

quero que os meus ollos vexan como te quero

2º ESO

cartas de amor no día de San Valentín

Poema de San Valentín

Ti iluminas a miña vida

e o meu corazón,

eres a luz do día,

quérote un monton