domingo, 24 de febrero de 2013

O ENTROIDO NO MUNDO

Os alumnos de secundaria estiveron a facer un traballo de investigación dos máis famosos carnavales do mundo.
Os alumnos de 1º e 2º de ESO , encargáronse do Entroido galego, no seu traballo aparecían as máis fermosas máscaras de Galáns, Peliqueiros, Pantallas e moitos outros, así como un espazo para a gastronomía e todos os ritos tradicionais deses días.
Os nenos de 3º e 4º de ESO foron un pouco máis internacionais e da man deles aprendimos máis cousas do Carnaval de Río, tan salvaxe e vistoso, así como do elegante Carnaval de Venecia, onde o luxo das máscaras chama a atención.













Un pouco máis cerca nos quedan os Carnavais de Cádiz onde o prato forte son as murgas e o de Tenerife cheo de cor e brillo. Desexamos que disfrutedes coa exposición de traballos.

CONTOS DE LAREIRA

Este 2013 chegou cargado de moi boas novas para a nosa lingua. Cada mes achegámonos ao desenvolvemento da lingua oral grazas aos "Recreos Literarios".
O primeiro en ter lugar foi o adicado aos "contos de lareira", é dicir, eses contos de tradición oral, que veñen de vello e que foron quedando na memoria dos máis maiores.






Deste xeito, os nosos alumnos recuperaron esa tradición e durante dous recreos, e na biblioteca do colexio, puidemos escoitar historias nunca oídas, trasladarnos ao mundo onde falan os animais, ou mesmo, a tempos de maricastaña onde podía pasar de todo.

CANTIGAS MEDIEVAIS

Os alumnos de 3º de ESO , no primeiro trimestre do curso, aproximáronse á Literatura Medieval de man das desmosísimas Cantigas en todos os seus estilos.


Como os alumnos son moi creativos, escribiron as súas propias cantigas e tamén as representaron para toda a clase. Aquí deixamos algúns exemplos, esperamos que vos gusten

AS CELEBRACIÓNS DE OUTONO







Estamos encantados coa chegada do outono. Nesta época Galicia está chea de celebracións, por unha parte temos a nosa tan tradicional "mata do porco" no San Martiño, por outra banda o Samaín, que enche de cabazas o noso colexio, e para culminalo todo cunha grande festa: O MAGOSTO, onde novos e menos novos disfrutamos das castañas e dos xogos que derivan delas. Para mostra estas imaxes....