viernes, 12 de noviembre de 2010

O Conto Viaxeiro de Ferrolterra

Deixamos aquí o Conto Viaxeiro. Esperamos que vos guste. Preme aquí.



Este conto foi feito por alumnos de distintos colexios de Ferrolterra. Pretendíase que colaborasen nun proxecto conxunto e o resultado foi este contiño. Participaron os alumnos de 4º de E.P do Colexio "Xesús Maestro", 5º de E.I do noso colexio, 6º de E.P de "Sagrado Corazón de Mercedarias" e 1º ESO de "santa Xoana de Lestonac". Os alumnos destas clases participaron encantados na actividade e o premio é poder disfrutar do conto tantas veces como queiran.

jueves, 11 de noviembre de 2010

Magosto 2010

[slideshow]

A celebración do Magosto e a festa do Samaín encheron de cabazas e froitos de outono o colexio.
Os rapaces dos diferentes cursos, cubriron a nosa chousa de follas e froitos decoradas con adiviñas, refráns e ditos populares.
O Magosto fixo que polo patio, por ciclos, pasara todo o alumnado a asar e degustar as saborosas castañas.
A continuación participaron en xogos nos que este froito foi o centro das actividades.
Todo o colexio gozou neste día , esperamos repetilo en anos sucesivos. Ata a próxima.

miércoles, 10 de noviembre de 2010

PREMIO "FREI MARTÍN SARMIENTO"

Ao igual que outros cursos, e este para non ser menos, estamos inmersos na lectura dos libros que participan no concurso do Frei Martiño Sarmiento. Seguramente saibades de que vai, pero para quen non estea ao tanto, explícovos:por etapas, estamos a ler libros en galego publicados o ano pasado, temos ata marzo para facelo; despois poñemos unha puntuación (nesta ocasión somos nós os profes), e o que máis puntos teña pois gaña o Premio. Pero non estamos sos nesta aventura, participamos a meirande parte dos colexios integrados en FERE.
Preguntarédesvos en que consiste o premio, pois ben, hai unha festa chamada " A Festa da Lingua", a ela asistimos todos os colexios participantes no Premio, pasámolo moi ben, pois coñecemos moita xente, hai diversos talleres de contacontos, temos a posibilidade de charlar cos autores dos libros, hai música... etc; e o mellor é, que hai moitos xogos nos que participamos ata que se nos acaban os folgos. Ao remate da festa, entrégase o Premio ao autor que máis puntuación tivo na lectura da súa obra.
Ler é moi divertido e máis cando ao remate tes unha festa para celebralo! Anímate e participa.