Hoxe celebráronse as nosas "Letras Galegas" no colexio. Durante había varias xornadas nas aulas de Lingua das diferentes etapas , estívose a traballar a figura de Begoña Caamaño.
Xa no salón de actos do colexio fixemos a outra parte da homenaxe a esta figura tan carismática da cultura galega; Begoña Caamaño exerceu a súa labor xornalística tanto na radio coma nos medios escritos, tamén colaborou con outros artistas e escribiu dúas importantes obras:" Morgana en Esmelle "e "Circe ou o pracer do azul".
Para coñecela máis polo miúdo , alumnas de 3º ESO contáronnos a súa vida.
O acto seguiu coa actuación das gañadoras do "Coreografíate2026", bailaron ao son de Louro e a súa canción "Os meus males".
Logo chegou o tempo de escoitar as razóns de por que falan galego algúns pais, nais, profes e un alumno da nosa comunidade educativa. Todos sinten que son galegos grazas á lingua que falan, que serve para todo e que se a falamos non morrerá nunca.
Chegou o momento no que o Coro do colexio interpretou "Begoñísima" unha peza orixinal da amiga da protagonista das Letras Católicas.
Casi rematando o acto, leuse un Manifesto no que se pedía que o galego fora utilizado en tódos los ámbitos, pois é unha lingua universal.
Mil primaveiras máis para as nosas Letras Galegas .





