Rosalía é poesía. É nostalxia, é emoción. É a nosa voz. Hoxe, 24 de febreiro é o seu día e non podiamos esquecer celebrar o seu aniversario.
Rosalía de Castro é a figura clave da lírica moderna, a voz feminina do Rexurdimento literario galego, e por iso, a nosa máis humilde homenaxe desde o noso centro.
Os máis pequenos do colexio pintaron carautas da escritora e rendéronlle a súa particular homenaxe, asemade visualizaron "Rosalía Pequeniña", que foi do agrado de todos eles.
Todos os cursos comprometímonos a facer poesía a partires dos títulos da súa dilatada obra ; a forma escollida foi a través de acrósticos.
Velaquí o resultado:
Os nenos de 1º de EP inspiráronse no libro "A Flor".
Grazas á obra "A filla do mar", os rapaces describiron perfectamente a Rosalía.
Continuamos describindo a Rosalía a traves de "Follas Novas".
Rematamos a descuberta de Rosalía con "Flavio".
Con "Conto Galego" aprendemos a escribir coma a nosa autora.
Sacamos as lembranzas dos tempos pasados con "Adeus ríos, adeus fontes":
"Cantares galegos" serviu para homenaxear o esforzo de Rosalía no seu tempo.
Agrdecemento eterno con "Costumes Galegas"
"Ruinas" é un título moi tristeiro, pero os nosos poetas sacaron o mellor desa palabra.
Sentímonos felices de renderlle esta pequena homenaxe á máis grade escritora galega de todos os tempos, ROSALÍA DE CASTRO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario