O Samaín é unha celebración de orixe celta que o cristianismo transformou no Día de Todos os Santos. Esta festa levaba unhas décadas esquecida, pero nos derradeiros anos estase volvendo a recuperar grazas ao traballo realizado nas escolas, como a nosa, e en varios concellos de Galicia.
A noite do 31 de outubro comeza o Ano Novo celta, remata o verán e entra o inverno. Nesta noite as ánimas dos mortos atravesan a puerta que separa o mundo dos vivos e dos mortos e visitan as casas das súas familias para quentarse e tomar algo de alimento.
Pois ben, nós quixemos celebrar esta tradición decorando cabazas, facendo bandas deseñadas onde os protagonistas eran os personaxes máis terroríficos do Samaín ,como a Santa compaña, meigas, trasnos..... mesturados con elementos do magosto como ourizos, castañas, porquiños.......
Todos os nenos do colexio participamos activamente nesta proposta , pero o mellor case está por contar, pois xunto co equipo de Bibliotecas , estamos a participar nunha semana de contacontos de medo en lingua castelá, e de contos chamados de "María Castaña" en galego; non vos queremos adiantar máis , pero proximamente nos nosos mellores blogues teredes noticia desta actividade, así que a esperar un pouquiño.!
No hay comentarios:
Publicar un comentario