Como cada Entroido, a fantasía chega ao noso Centro. Este ano tocoulle ao Mandadiño invitarnos a que todos nos disfrazáramos dun mesmo xeito. Primeiro foi a garavata, logo o chapeu, a perruca e por último o anteface ou lentes.
Toda a comunidade educativa participou de bo grao e fixo que os recreos e mesmos as aulas de diferentes materias foran máis divertidas.
Aquí deixamos una pequena mostra do que aconteceu esta semana no noso Colexio.
Moitas grazas por participar
No hay comentarios:
Publicar un comentario