Esta foi a primeira tarefa que o equipo de Dinamización Lingüística encargou a todo o alumnado do centro, e como cabía esperar a resposta foi magnífica, todos os rapaces, desde EI ata 4º de ESO traballaron para sinalarnos o que era o galego para eles.
As respostas foron do máis variopintas, van desde "un tesouro que só temos nós", " a nosa identidade", "un idioma que só falan os avós" (isto doeu un pouco aos membros do Equipo), "unha canción que nos acompaña sempre" , " a brisa do vento que nos mece".....
Case todo, cousas marabillosas pero que nos gustaría que se levaran a cabo e foran verdade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario