Con motivo da semana dedicada ao Samaín, todos os nenos e as nenas do
colexio tiveron a oportunidade de gozar duns conta-historias moi particulares:
os seus compañeiros de Secundaria. Durante todos os recreos da semana pasada, a
Biblioteca do colexio encheuse de historias dos tempos de María Castaña, de
contos de meigas, de medo, da Santa Compaña... que foron a ledicia dos máis
pequenos e non tan pequenos.
A actividade foi promovida polos equipos da Biblioteca e Dinamización
Lingüística, así puidemos escoitar as narracións tanto en galego como en
castelán.
Agradecemos a alta participación dos “conta-historias” porque sempre é un
pracer observar como o alumnado se implica neste tipo de tarefas a prol da
escritura.
Grazas aos autores e tamén aos oíntes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario