miércoles, 2 de diciembre de 2009

Celebración de San Jose de Calasanz

Con motivo da festividade de San José de Calasanz, patrono das Escolas católicas, fíxose un pequeno acto no patio do colexio.
Despois de escoitar unhas cantigas relacionadas coa data a celebrar, procedeuse á entrega de Diplomas aos mestres polos delegados e subdelegados das distintas clases. A continuación os mestres fixeron entrega dunhas larpeiradas ao seu alumnado.
Pola súa parte o Centro regalou a cada clase unha fermosa composición fotográfica , sobre unha panorámica de Pontedeume aparecen o Neno Xesús de Atocha e D. Baltasar (fundador do colexio) que, presidirá as nosas clases.
Rematada a xornada os mestres reuníronse nun xantar de convivencia.
Esperamos seguir celebrando esta data en anos sucesivos.

1 comentario:

  1. Bueno, xa non sei que comentar la foto, nada que grazas por participar todos, en especial grazas por colaborar os delegados dos outros cursos. Grazas a todos :)
    Carla.

    ResponderEliminar