martes, 16 de noviembre de 2021

ACTIVIDADES DE OUTONO EN GALEGO

 


Como está sendo costume cada outono, o equipo de Dinamización Lingüística convoca o concurso de Fotografía de outono, está claro que non só é importante a foto, senón o texto que a acompaña.

Este ano houbo moita calidade e cantidade de obras para expoñer, o xurado tívoo moi difícil pois había verdadeiras obras de arte.

Por mor dos protocolos COVID, non puidemos realizar esta actividade en grande masa, así que a distribución das tarefas foi a seguinte:

Os alumnos da ESO fixeron de contacontos virtuais, como non podían ir de clase en clase contando esas fermosas historias que tiñan por protagonistas aos cogomelos, ás cabazas, ás castañas e outros froitos de outono, tiveron que preparalo e grabarse para que os pequenos puideran desfutrar deses contos,







Logo, os rapaces de 5º EP, 6º EP e toda a ESO fixeron fotografías aos protagonistas do outono: cabazas, cogomelos, castañas......pero o máis impresionante foi a inspiración para compoñer os seus pequenos textos. Velaquí unha mostra:






O xurado estivo formado polos alumnos de 3º e 4º de EP ; labor que se tomaron moi en serio, pois un concurso de Lingua é algo moi importante. Despois de mirar, ler, reler e pensar procederon á votación.





Só podía haber unha foto- literaria gañadora, e esta foi a número 77, a artista é Daniela Vidal Eiroa de 6º de EP co seu texto adicado ás cabazas. 

Parabéns a 



e a todos os rapaces participantes. O ano vindeiro haberá máis!

viernes, 14 de mayo de 2021

XELA ARIAS: A MULLER FEITA POESÍA

 

Xela Arias, escritora, tradutora e docente, toda a súa actividade xirou arredor das palabras. Esta é a máis sinxela das presentacións para coñecer á homenaxeada das Letras Galegas deste ano.

Como todo o mundo sabe, o 17 de maio é a gran festa da literatura galega, e a Academia Galega decidiu que neste 2020 tan raro fora dedicado a unha escritora que nos deixou moi nova.

O alumnado, desde os máis pequenos aos maiores, tiveron que coñecer a figura de Xela Arias, investigar, crear e mesmo xogar para poder desentrañar os máis escuros misterios que había sobre a súa figura.

A máxima que rexeu a vida de Xela foi a seguinte:  "Escribo en galego porque estou aquí e, desde logo, Galicia pertence, aínda, aos derrotados". E, como o idioma é o principal símbolo dunha cultura, os nosos alumnos dedicaron toda a súa creatividade para compoñer versos dedicados a esta muller tan singular.

Os máis pequenos fixeron todo tipo de actividades como podedes ver nas seguintes fotos:





E hoxe, día da súa festa, todo o colexio fixo de Xela Arias o símbolo da poesía. A súa imaxe encheuse de versos, e no patio sonou música, contos e chíos en galego.


En Educación Primaria e na ESO tamén traballaron arreo para coñecer a esencia de Xela, así souberon que Xela naceu en Sarria, estudou no prestixioso Colexio Fingoi de Lugo, e como o seu pai era mestre e foi destinado a Vigo, foi alí onde a rapaza continuou os seus estudos. Xa desde pequena participaba en concursos literarios. De moza traballou na editorial Xerais e máis tarde foi profesora de Literatura. A poesía foi o vehículo da súa expresión. Publicou obras moi interesantes pero a preferisa dos nosos alumnos é "Darío a diario", que escribiu ao nacer o seu fillo.

Hoxe, desde primeira hora, e en quendas, debio á pandemia , os alumnos e alumnas foron baixando ao patio para poder compoñer a figura de Xela. Un representante de cada clase colocaba a súa obra -puzle sobre a imaxe da escritora e despois procedíase a ler un conto ou un poema.

 









Finalizamos a mañá cantando o noso himno. No patio só se atopaban os alumnos de 3º e 4º de ESO, pero o resto do alumnado acompañou desde as súas aulas poñendo emoción ao momento.


 

Esperemos que o vindeiro ano xa poidamos desfrutar todos xuntos desta a nosa festa máis importante.

miércoles, 17 de marzo de 2021

MULLERES DE BANDEIRA


 

Ser unha muller de bandeira é que se destaca nalgún campo tanto profesional ou persoal, por iso desde o equipo de Dinamización Lingüística propuxemos que cada curso investigara a dúas mulleres galegas que atendían a esta característica.

Son moitísimas máis das que se expoñen neste compendio, pero quixemos amosar un elenco de mulleres de todos os tempos , desde a independente Exeria, nacida na aínda Gallaecia, ata unha atleta moi nova e coñecida por todos como é Ana Peleteiro.

Os rapaces de Educación Infantil e 1º de EP traballaron a figura da grande artista surrealista Maruxa Mallo, coetánea de Dalí, Alberte e Buñuel, que levou sempre presente a súa terra en toda a súa obra.




 A raíña Lupa, non se sabe se ser imaxinario ou verdadeiro que ten moito que ver coa chegada do sartego do Apóstolo Santiago.

Exeria, escritora da Idade Antiga , nacida en Gallaecia que fixo unha viaxe a terra Santa no s. IV.


A seguinte muller é Celia Rivas Casal, a primeira muller camioneira de España e a única que estivo nun conflito bélico como transportista.


María Casares, actriz archifamosa dos anos 30 que tivo que vivir exiliada en Francia. Hoxe levan o seu nome os prestixiosos premios de teatro galego.

Quen non coñece as Marías de Santiago? Coralia e Maruxa eran dúas irmás compostelás que tras sufrir moito na guerra , decidiron agochar a súa pena debaixo dun maquillaxe excéntrico e pasear polas rúas da cidade meténdose cos rapaces guapos.

 

A primeira muller Almirante na historia da navegación era galega e chamábase Isabel Barreto, e a primeira muller pioneira do feminismo, non só en Galicia senón en España foi a escritora, avogada e pensadora Concepción Arenal.


Máis recentes son os triunfos de Mercedes Peón, na música galega, e de Marina Mayoral na literatura.



Lucía Freitas destaca nun mundo case domino polos homes, como é a alta cociña. Ela fíxose un nome e un estatus entre eles.

Marcela e Elisa saltaron á fama por ser o primeiro matrimonio entre mulleres no noso país e nunha época no que era impensamble manifestar a condición sexual de cada un.


Para case rematar temos a dúas mulleres que loitaron moitísimo durante toda a súa vida: Rosalía de Castro fíxoo pola dignidade da súa lingua e Carmen Avendaño loitou contra a droga que deixou a un pobo sen unha xeración de mozos e mozas.


Finalizamos coa grande Ana Peleteiro, atleta plusmarquista nacional na modalidade de tripo salto. Leva a súa Galiacia na alma e nos beizos.


 

Son moitas mulleres as que faltan pero na nosa memoria están todas as que fan posible que o mundo funcione.

domingo, 7 de marzo de 2021

SE PODES SOÑALO, PODES CREALO

 


Outro ano máis, e xa van moitos, dous rapaces de 2º ESO participan no concurso de "Relato Curto" patrocinado por Coca-Cola.

Este ano foi moi distinto aos anos anteriores. En primeiro lugar , tamén participaban dúas alumnas de 3º de ESO que o curso pasado non o puideron facer por mor da pandemia, e ,en segundo lugar , a forma foi totalmente diferente.

Cada ano iamos á Facultade de Filoloxía de Coruña parapoder realizar o concurso, alí estabamos con todos os representantes da provincia e faciamolo a man. Este ano, debido á situación na que nos atopamos, tivemos que facelo desde o colexio.

Na plataforma de Cocacola estaba todo o preciso para realizar o relato. Este ano só contabamos coa descrición dun personaxe, este personaxe tería que formar parte do noso relato. Contabamos con dúas horas para darlle forma ao noso relato.

Os nosos rapaces e rapazas precisaron das dúas horas, pois só podían poñer un máximo de 800 palabras e a eles encántalle contar historias, así que tiveron que reformular varias veces o seu relato para acomodalo a ese límite de palabras.

Esperemos que algún deles teña toda a sorte do mundo e poida gañar ou cando menos , quedar finalista.

Parabéns aos catro! Se estades aquí é porque da vosa imaxinación saen obras de arte.


miércoles, 24 de febrero de 2021

ROSALÍA, PRETO DE NÓS NO TEU DÍA

 

Rosalía é poesía. É nostalxia, é emoción. É a nosa voz. Hoxe, 24 de febreiro é o seu día e non podiamos esquecer  celebrar o seu aniversario.

Rosalía de Castro é a figura clave da lírica moderna, a voz feminina do Rexurdimento literario galego, e por iso, a nosa máis humilde homenaxe desde o noso centro.

Os máis pequenos do colexio pintaron carautas da escritora e rendéronlle a súa particular homenaxe, asemade visualizaron "Rosalía Pequeniña", que foi do agrado de todos eles.


 



Todos os cursos comprometímonos a facer poesía a partires dos títulos da súa dilatada obra ; a forma escollida foi a través de acrósticos.

Velaquí o resultado:


Os nenos de 1º de EP inspiráronse no libro "A Flor".


Grazas á obra "A filla do mar", os rapaces describiron perfectamente a Rosalía.

Continuamos describindo a Rosalía a traves de "Follas Novas".


Rematamos a descuberta de Rosalía con "Flavio".


Con "Conto Galego" aprendemos a escribir coma a nosa autora.


Sacamos as lembranzas dos tempos pasados con "Adeus ríos, adeus fontes":


"Cantares galegos" serviu para homenaxear o esforzo de Rosalía no seu tempo.


Agrdecemento eterno con "Costumes Galegas"


"Ruinas" é un título moi tristeiro, pero os nosos poetas sacaron o mellor desa palabra.


Sentímonos felices de renderlle esta pequena homenaxe á máis grade escritora galega de todos os tempos, ROSALÍA DE CASTRO.