Ser unha muller de bandeira é que se destaca nalgún campo tanto profesional ou persoal, por iso desde o equipo de Dinamización Lingüística propuxemos que cada curso investigara a dúas mulleres galegas que atendían a esta característica.
Son moitísimas máis das que se expoñen neste compendio, pero quixemos amosar un elenco de mulleres de todos os tempos , desde a independente Exeria, nacida na aínda Gallaecia, ata unha atleta moi nova e coñecida por todos como é Ana Peleteiro.
Os rapaces de Educación Infantil e 1º de EP traballaron a figura da grande artista surrealista Maruxa Mallo, coetánea de Dalí, Alberte e Buñuel, que levou sempre presente a súa terra en toda a súa obra.
A raíña Lupa, non se sabe se ser imaxinario ou verdadeiro que ten moito que ver coa chegada do sartego do Apóstolo Santiago.
Exeria, escritora da Idade Antiga , nacida en Gallaecia que fixo unha viaxe a terra Santa no s. IV.
A seguinte muller é Celia Rivas Casal, a primeira muller camioneira de España e a única que estivo nun conflito bélico como transportista.
María Casares, actriz archifamosa dos anos 30 que tivo que vivir exiliada en Francia. Hoxe levan o seu nome os prestixiosos premios de teatro galego.
Quen non coñece as Marías de Santiago? Coralia e Maruxa eran dúas irmás compostelás que tras sufrir moito na guerra , decidiron agochar a súa pena debaixo dun maquillaxe excéntrico e pasear polas rúas da cidade meténdose cos rapaces guapos.
A primeira muller Almirante na historia da navegación era galega e chamábase Isabel Barreto, e a primeira muller pioneira do feminismo, non só en Galicia senón en España foi a escritora, avogada e pensadora Concepción Arenal.
Máis recentes son os triunfos de Mercedes Peón, na música galega, e de Marina Mayoral na literatura.
Lucía Freitas destaca nun mundo case domino polos homes, como é a alta cociña. Ela fíxose un nome e un estatus entre eles.
Marcela e Elisa saltaron á fama por ser o primeiro matrimonio entre mulleres no noso país e nunha época no que era impensamble manifestar a condición sexual de cada un.
Para case rematar temos a dúas mulleres que loitaron moitísimo durante toda a súa vida: Rosalía de Castro fíxoo pola dignidade da súa lingua e Carmen Avendaño loitou contra a droga que deixou a un pobo sen unha xeración de mozos e mozas.
Finalizamos coa grande Ana Peleteiro, atleta plusmarquista nacional na modalidade de tripo salto. Leva a súa Galiacia na alma e nos beizos.
Son moitas mulleres as que faltan pero na nosa memoria están todas as que fan posible que o mundo funcione.
No hay comentarios:
Publicar un comentario