lunes, 18 de mayo de 2026

LETRAS GALEGAS 2026


 Hoxe celebráronse as nosas "Letras Galegas" no colexio. Durante había varias xornadas nas aulas de Lingua das diferentes etapas , estívose a traballar a figura de Begoña Caamaño.


 Xa no salón de actos do colexio fixemos a outra parte da homenaxe a esta figura tan carismática  da cultura galega; Begoña Caamaño exerceu a súa labor xornalística tanto na radio coma nos medios escritos, tamén colaborou con outros artistas e escribiu dúas importantes obras:" Morgana en Esmelle "e "Circe ou o pracer do azul".

Para coñecela máis polo miúdo , alumnas de 3º ESO contáronnos a súa vida.

O acto seguiu coa actuación das gañadoras do "Coreografíate2026", bailaron ao son de Louro e a súa canción "Os meus males".


 


Logo chegou o tempo de escoitar as razóns de por que falan galego algúns pais, nais, profes e un alumno da nosa comunidade educativa. Todos sinten que son galegos grazas á lingua que falan, que serve para todo e que se a falamos non morrerá nunca.


 

Chegou o momento no que o Coro do colexio interpretou "Begoñísima" unha peza orixinal da amiga da protagonista das Letras Católicas.

 

Casi rematando o acto, leuse un Manifesto no que se pedía que o galego fora utilizado en tódos los ámbitos, pois é unha lingua universal.

  
      E como non podería ser doutra forma, rematamos o acto cantando todos xuntos o Himno que escribiu Pondal e que nos representa a cada un de nós, aos que nos sentimos orgullosos de Galicia e do galego.


 

Mil primaveiras máis para as nosas Letras Galegas .


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario