O Apalpador è un personaxe mítico galego que baixa polo Nadal a levarlles os agasallos aos nenos. Entra de noite nos seus cuartos cando están durmidos e apálpalles a barriguiña por ver se están mantidos e déixalles, ademais dos xoguetes, unha presa de castañas.
Por se o Apalpador non tivera idea de que agasallar aos nenos e nenas do cole, fixemos unhas fermosas cartas pedíndolle paz, ganas de estudar, ser bos compañeiros, e moita paciencicia para os profesores.
O alumnado de primeiro ciclo de EP fixeron unhas bólas coas súas palabras favoritas de Nadal.
O traballo de Educación Infantil foi moi bonito, fixeron un Apalpador por partes , coloreárono e quedoulles un móbil moi simpático.
Debemos seguir coas tradicións propias de Galicia, coñecelas e facer que os pequenos participen delas.









No hay comentarios:
Publicar un comentario