Retrouso:
Pásao ben,
baila moito e mira con quen.
Pásao ben,
come orellas, filloas tamén.
Na festa do Entroido
facemos o indio
as mestras tolean
co noso ruído
A xefa da tribu
pon a todos firmes
aos nenos, maiores
non hai quen lle imite.
Retrouso
Coas tecnoloxías
non temos costume
pois nos “chateamos”
con sinais de fume
Pero a Dire quere
as mestras modernas
cos ordenadores
poñerse coas teclas
1º E 2º PRIMARIA
Os Exipcios
Aquí estamos, os exipcios, os que vimos de moi lonxe,
A anunciarlles, ós rapaces que o entroido xa chegou.
Faraóns e esfinxes, inventamos moitas cousas
e Cleopatra, a raiña, é máis guapa que unha rosa
Retrouso
Alá polo deserto vivimos moi contentos
Ti dános unha pedra e faremos monumentos
Fixemos moitas momias con papel de envolver
Se queres vir connosco, pasaralo moi ben
E se queres disfrazarte, falarás coas nosas profes
E faranche deseguida un bo taxe con recortes
Retrouso
Se cruzas o Nilo, terás un bó destino
Non cruces polo Ganxes, non é o noso camiño
Ven súbete ó camelo, con moita suavidade
Verás o patrimonio , da nosa humanidade
3º E 4º PRIMARIA
FRESCURA POPULAR.
OS ESQUIMAIS
Que viva, que viva,
que viva o entroido
que viva, que viva
desexamos todos.
Galegos por todo o mundo
galegos por todo o mundo
tamén na zona polar.
Con frescura celebrando
as festas do Carnaval.
Que viva, que viva....
Vestimos pel de animais
vestimos pel de animais
para dar conta do frío
co xeo como anestesia
as dores non as sentimos.
Que viva, que viva....
Convivimos coas focas
convivimos coas focas
con osos, tamén con cans
viaxamos en trineo,
patinamos polo chan.
Que viva, que viva.....
Xa logo nos recollemos
Xa logo nos recollemos
no iglú dos esquimais
a durmir e descansar,
soñando cos carnavais.
Que viva, que viva....
5º E 6º PRIMARIA
AVE CÉSAR
Somos os romanos e neste 2010
Vimos conquistar o imperio “San Xosé”
Coliseos, murallas, pontes e demais
Son cousas que deixamos pero aínda hai máis.
Somos os romanos, romanos
Isto é o que deixamos, deixamos.
Cos números romanos has de pelexar
Aínda que te aburran, tes que aprobar.
Coas mates e leóns has de loitar
Como os gladiadores fixeron cos leóns.
Somos os romanos…
Se tedes o galego, inglés e castelá
Debédesllo ao latín que botou unha man,
Menos falar e mais reflexionar,
Usa ben a lingua e a comunicar.
Somos os romanos...
Antes era César o que gobernaba
Agora son os profes os que vos mandan.
Tantas materias, que aburrimento
Quero máis recreo, máis divertimento.
Somos os romanos...
Fixemos teatros para disfrutar,
Agora temos festa para celebrar,
Estamos no Entroido pasámolo xenial,
Romanos, galegos, iso dá igual.
Somos os romanos...
1º E 2º ESO
“O ROCK AND ROLL DO ENTROIDO”
Un día chegou Elvis e púxose a cantar
Con él Michael Jackson botou a bailar
Veu detrás Madonna e todo se animou e
o gran Bruce Springsteen comeza a tocar o rock
todo o mundo a bailar
todo o mundo coa canción
correron a bailar o rock
Chaplin sabía darlle o saxofón
E os vaqueiros dábanlle duro ao tambor
Hommer batería dicía tocar
E todo Springfield comezou a bailar o rock
Todo o mundo a bailar
Todo o mundo coa canción
Correron a bailar o rock
O paiaso Ronald non quería bailar
Estaba moi canso para rockanrolear
A unha coca-cola alguén o invitou
Non tivo reparos e saltou a bailar o rock
Todo o mundo a bailar
Todo o mundo coa canción
Correron a bailar o rock
Dixo Groucho Marx que non estaba mal
Pero o Tío Sam non quería parar
Os hippis cantaban cánticos de paz
mentres Barak Obama marcaba o compás
Todo o mundo a bailar
Todo mundo coa canción
Correron a bailar o rock
Un amargado non quixo bailar
Foise ao rincón e púxose a chorar
Chegou Elvis Presley e díxolle así:
“O rock and roll de entroido” é para gozar!, o rock
Todo o mundo a bailar
Todo o mundo coa canción
Correron a bailar o rock
3º E 4º ESO
Somos de México lindo e querido
E unha rancheira ímosvos cantar
Estade atentos, deseguida nos vamos
e non nos deixan volver actuar
Como sodes moi aplicados
Non hai problema para nos situar
Estamos baixo os americanos
E xusto enriba de América central
Os nosos profes estarían encantados
uns días lonxe sen nos aturar,
en Acapulco, Cancún, ou Tijuana,
calquera serve para desconectar
Aínda que vamos así vestidos
Curramos moito para aprobar
pero o Entroido xa chega estes días
e aquí vimos cantar e bailar
Tede coidado cando fame teñades
As nosas salsas pican a rabear,
Non vaia ser que de tantos ardores
Os bombeiros teñades de chamar
Pois isto e todo, por hoxe xa chega
Cando queirades vídenos visitar
Cruzade o charco en avión ou en barco
Os mexicanos alí sempre estarán.
Y podeis decir que música va con cada letra
ResponderEliminarGracias