Como xa avanzabamos na entrada anterior deste blogue, co gallo de promover a escrita en galego, o equipo de DL convocou o II Concurso de Fotografía Descritiva, este ano o tema eran as árbores de Nadal.
Moitos nen@s participaron de bo grao describíndonos a árbore que adornaba o seu fogar ou outra que lles chamou a atención, coma por exemplo a árbore do aeroporto da Coruña, a da praza maior de Madrid, o munipal de Pontedeume e de Miño.....
Os premios foron para Noa Gorgullo de 5º de EP, Nerea Rodríguez de 2º ESO e María Varela de 3º ESO, estas dúas últimas rapazas cun empate de votos.
Parabéns a todos os rapaces que puxeron o seu grao de área pola dinamización da nosa lingua.
Grazas por participar.
martes, 26 de diciembre de 2017
domingo, 10 de diciembre de 2017
II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DESCRITIVA
Co gallo de
promover a nosa lingua, o equipo de Dinamización Lingüística convoca o seu II
Concurso de Fotografía Descritiva.
BASES DO PREMIO
2017
1. Organiza:
Equipo de Dinamización Lingüística do CPR San José de Pontedeume
2. Participantes:
todos os alumn@s do colexio a partir de 1º EP
3. Premios:
Haberá dous premios , un para a categoría de EP e outro para a ESO.
Todos os participantes levarán o
seu diploma acreditativo.
4. Temática: a
árbore de Nadal.
5. As fotografías
deberán ser orixinais, non tiradas de ningunha web, ademais realizada polo propio rapaz, así como a súa
descrición que será integramente en galego. De non ser así quedaría excluída do
concurso.
6. O prazo de
presentación rematará o 14 de decembro
7. O xurado
estará composto por todo o profesorado do CPR San José
8. O luns 18 farase a entrega de premios
na Biblioteca á hora do recreo. As fotografías gañadoras serán a felicitación de Nadal deste Equipo.
9. Formato: a
fotografía e a descrición non deberán superar o tamaño A4, e o nome e curso
do/da alumn@ irá por detrás.
ANIMÁDEVOS A
PARTICIPAR!
lunes, 20 de noviembre de 2017
ADIVIÑA ADIVIÑANZA
Desde hai unhas semanas temos a nosa árbore chea de adiviñas tradicionais.
Todos os nenos e nenas estades convidados a probar sorte adivinando as respostas, moitos dos vosos compañeiros xa o intentaron.
Mirade as imaxes, pois dan moitas pistas para dar coa solución.
Aquí deixamos unhas imaxes para que vos fagades una idea do que está a acontecer diante da "Nosa Árbore da Lingua".
Todos os nenos e nenas estades convidados a probar sorte adivinando as respostas, moitos dos vosos compañeiros xa o intentaron.
Mirade as imaxes, pois dan moitas pistas para dar coa solución.
Aquí deixamos unhas imaxes para que vos fagades una idea do que está a acontecer diante da "Nosa Árbore da Lingua".
lunes, 13 de noviembre de 2017
DINAMIZACIÓN DA LINGUA A TRAVÉS DA CIENCIA
Os alumnos de 4º ESO, con motivo da semana da ciencia , realizaron un proxecto de esta área coa profesora Rocío Gómez, no que a lingua galega foi o idioma vehicular do mesmo.
Con este proxecto , e moitos máis, quérese poñer de manifestó que a Lingua Galega está en todos os ámbitos de estudo e traballo, non soamente ligada as áreas humanísticas.
Para rematar o proxecto fixeron algo tan fermoso como a destreza do diamante no que quedou patente o uso da lingua vencellada á ciencia.
Parabéns!
AS NOSAS PEGADAS
Con este proxecto , e moitos máis, quérese poñer de manifestó que a Lingua Galega está en todos os ámbitos de estudo e traballo, non soamente ligada as áreas humanísticas.
Para rematar o proxecto fixeron algo tan fermoso como a destreza do diamante no que quedou patente o uso da lingua vencellada á ciencia.
Parabéns!
AS NOSAS PEGADAS
Estamos inmersos nun proxecto de xenética.
Para comezar, estudaremos un dos caracteres máis famosos: as pegadas dactilais.
Os alumnos, en grupo cooperativo, investigan sobre as pegadas: se nacemos con elas, como se forman, se hai forma de alteralas, por que as utiliza a policía, por que serven como proba xudicial e outras, foron as preguntas e curiosidades que se plantexaron.
E, como son as miñas pegadas?
Aplicamos o método científico.
Plantexado o problema, procedemos a imprimir as nosas
pegadas nun folio. Cada un analiza a súa pegada e a
identifica cun dos tipos.
![]() |
| Pegadas dos alumnos |
Finalmente, facemos un reconto e análise dos resultados.
Dos 18 alumos da clase:
9 presentas pegadas tipo lazo, 3 tipo espiral, 3 tipo arco e 2
complexas. É dicir, que o 50% da clase ten o tipo de
pegadas que resulta co que é máis común.
domingo, 5 de noviembre de 2017
UNHA SEMANA CHEA DE HISTORIAS NA BIBLIOTECA
Con motivo da semana dedicada ao Samaín, todos os nenos e as nenas do
colexio tiveron a oportunidade de gozar duns conta-historias moi particulares:
os seus compañeiros de Secundaria. Durante todos os recreos da semana pasada, a
Biblioteca do colexio encheuse de historias dos tempos de María Castaña, de
contos de meigas, de medo, da Santa Compaña... que foron a ledicia dos máis
pequenos e non tan pequenos.
A actividade foi promovida polos equipos da Biblioteca e Dinamización
Lingüística, así puidemos escoitar as narracións tanto en galego como en
castelán.
Agradecemos a alta participación dos “conta-historias” porque sempre é un
pracer observar como o alumnado se implica neste tipo de tarefas a prol da
escritura.
Grazas aos autores e tamén aos oíntes.
martes, 31 de octubre de 2017
QUE NON CHE CONTEN HISTORIAS, AQUI TEMOS O SAMAÍN!
O Samaín é unha celebración de orixe celta que o cristianismo transformou no Día de Todos os Santos. Esta festa levaba unhas décadas esquecida, pero nos derradeiros anos estase volvendo a recuperar grazas ao traballo realizado nas escolas, como a nosa, e en varios concellos de Galicia.
A noite do 31 de outubro comeza o Ano Novo celta, remata o verán e entra o inverno. Nesta noite as ánimas dos mortos atravesan a puerta que separa o mundo dos vivos e dos mortos e visitan as casas das súas familias para quentarse e tomar algo de alimento.
Pois ben, nós quixemos celebrar esta tradición decorando cabazas, facendo bandas deseñadas onde os protagonistas eran os personaxes máis terroríficos do Samaín ,como a Santa compaña, meigas, trasnos..... mesturados con elementos do magosto como ourizos, castañas, porquiños.......
Todos os nenos do colexio participamos activamente nesta proposta , pero o mellor case está por contar, pois xunto co equipo de Bibliotecas , estamos a participar nunha semana de contacontos de medo en lingua castelá, e de contos chamados de "María Castaña" en galego; non vos queremos adiantar máis , pero proximamente nos nosos mellores blogues teredes noticia desta actividade, así que a esperar un pouquiño.!
miércoles, 18 de octubre de 2017
QUE É PARA TI O GALEGO?
Esta foi a primeira tarefa que o equipo de Dinamización Lingüística encargou a todo o alumnado do centro, e como cabía esperar a resposta foi magnífica, todos os rapaces, desde EI ata 4º de ESO traballaron para sinalarnos o que era o galego para eles.
As respostas foron do máis variopintas, van desde "un tesouro que só temos nós", " a nosa identidade", "un idioma que só falan os avós" (isto doeu un pouco aos membros do Equipo), "unha canción que nos acompaña sempre" , " a brisa do vento que nos mece"..... Case todo, cousas marabillosas pero que nos gustaría que se levaran a cabo e foran verdade.
As respostas foron do máis variopintas, van desde "un tesouro que só temos nós", " a nosa identidade", "un idioma que só falan os avós" (isto doeu un pouco aos membros do Equipo), "unha canción que nos acompaña sempre" , " a brisa do vento que nos mece"..... Case todo, cousas marabillosas pero que nos gustaría que se levaran a cabo e foran verdade.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

























