viernes, 23 de febrero de 2024

VISITA DE ANDREA MACEIRAS .


Esta semana , Andrea Maceiras quixo acompañarnos durante unhas horas para falar dos seus libros "Europa Express" e "O que sei do silencio". Libros que foron  lectura para os rapaces de 3º e 4º de ESO.

A charla comezou coñecendo un pouco máis á autora, e de seguido xa comezaron as preguntas: Como te inspiraches para escribir Europa Express? Hai algo autobiográfico? A historia de "O que sei do silencio foi verdade? Que estás a escribir agora?.....e así moitísimas preguntas.

A autora contestounas todas e mesmo ela fixo preguntas ao alumnado que lle responderon entusiasmados, facendo así unha conversa moi entretida.

Sabemos que para facer "Europa Espress" inspirouse nunha postal dunha viaxe que fixera con amigos, tamén que o tema de "O que sei do silencio", foi unha historia que lle contou unha amiga e que ela novelou.

Ao final da charla houbo firma de libros, feito que encanta aos rapaces.









sábado, 10 de febrero de 2024

RECEITARIO DE ENTROIDO


 

Neste tempo de Entroido o que máis gusta, salvando disfrazarnos, é comer os doces e o cocido propio destas datas. 

No colexio fixemos un receitario completísimo cos truquiños das avoas para darlles máis sabor aos freixós, ou o punto de amasado ás orellas por exemplo. 

Pero o que aconteceu foi que o noso patio encheuse de receitas cuxo resultado saboreuse despois do festival de Entroido todos xuntos.

Bo proveito!









viernes, 9 de febrero de 2024

OS MENIÑOS DESFRUTARON DO MANDADIÑO!


 Chegou a semana de Entroido e o noso colexio foise animando día a día por mandato do Mandadiño.

Os rapaces chegaban cada mañá coas cabezas cubertas con orixinais chapeus, outro día había desde colares ata preciosas bufandas, o terceiro día todos puxemos algo arredor da cintura e o xoves, para rematar, os nosos pulsos estaban orixinalmente adornados.

Pero o venres...... o venres o Entroido explotou e cada clase vestiuse de atletas olímpicos, e quixeron facerse fotos co noso esquelete favorito: Mandadiño!







Ata o ano que vén Mandadiño!

domingo, 4 de febrero de 2024

O REFRANEIRO DO ANO

 


No mes de xaneiro, todo o alumnado do colexio, desde Educación Infantil ata os rapaces de Ciclo Formativo, puxémonos a buscar refráns para cada mes do ano.

Fixérono de forma cooperativa, pois hai tantítisimos que poderíamos empapelar o colexio con refráns. 

Así que primeiro buscaron, logo propuxeron e gañou o que máis gustou no equipo. 

Velaquí o resultado:







 

Moitas grazas ao alumnado por participar !

miércoles, 31 de enero de 2024

O MANDADIÑO DE ENTROIDO


 

O LUNS, para comezar , a cabeza debes adornar

Se o MARTES queres molar, algo no pescozo debes levar,

O MÉRCORES para voltas dar, a cintura podes rodear,

E o XOVES , para o xogo rematar, uns pulsos divertidos deben destacar.

O VENRES, para o Entroido festexar, poderaste disfrazar!!!!

jueves, 21 de diciembre de 2023

IX EDICIÓN DO BELÉN VIVINTE

 


 

Como cada ano por estas datas os alumnos de 3º e 4º de ESO interpretan o noso tradicional "Belén Vivinte", este ano foi un pouco máis complicado pola gripe que atacaou á metade do elenco de actores deste curso e tivemos que solicitar a axuda aos compañeiros de 2ºde ESO.

A historia  comeza cando os nosos narradores contan o episodio da Anunciación, a casa de Ana e a visita do Anxo a Xosé:







 Continúa coa taberna e distintos postos de mercadeiras como as leiteiras, costureiras, panadeiras.....

:

Así chegamos ata a pousada, onde non teñen sitio para aloxar a María e a Xosé e acompáñanos ata un pobre presebre


 

 

Hai un cambio de protagonistas e adentrámonos no castelo de Herodes e a súa Corte:


Despois do castelo imos atopámonos cos pastores que están a velar o seu gando cando se lles aparecen dous anxos coa nova de que o Neno nacera en Belén:


Cando todas as xentes  do pobo se enteraron de que  o Neno Xesús nacera, foron cara o pesebre para adorar ao Neno Deus e ofrecérlle agasallos.


 

O alumnado de todo o colexio puido desfrutar da actuación destes rapaces por quendas ao longo da mañá do día 20 de decembro. Asemade estivo aberto para aquelas familias e amigos que quixeran desfrutar do espectáculo.


Esperemos que o próximo ano poidamos contar unha vez máis con esta actividade que gusta tanto a pequenos coma a maiores.









PANXOLIÑA: QUE É O NADAL?

 

Hoxe queremos partillar a panxoliña que presentamos ao Concurso de Villancicos de Cadena 100 do programa "Buenos días Javi y Mar" cos rapaces do coro de Primaria (de 4º a 6º).

A panxoliña "Que é o Nadal" reflexiona sobre o verdadeiro significado e a orixe do Nadal en medio dunha sociedade consumista, onde a inmediatez, a competitividade e as pantallas dirixen as nosas vidas, facéndonos perder de vista a conmemoración do nacemento de Xesús.
A banda sonora está grabada por Marcos Rodríguez, alumno de 2º ESO (piano), a ex alumna Nerea Rodríguez (ukelele) e as profesoras Mariana Montero (bandurria), Blanca Otero (cascabeis) e Lucía Penas (guitarra e autora da panxoliña).
O videoclip gravouse case todo no centro, ensinando a ambientación do Adviento e do Nadal nos seus espazos. Nel tamén participou a comunidade educativa con fotos navideñas.
Co vídeo queremos felicitar o Nadal e dar grazas a Cadena Cien pola oportunidade de vivir esta experiencia, nun ano no que os colexios da Grande Obra de Atocha celebramos o noso centenario.

BO NADAL E QUE O VINDEIRO ANO VEÑA CARGADO DE GALEGO.