miércoles, 23 de febrero de 2022

23F- DÍA DE ROSALÍA

 

A partires deste ano, o 23 de febreiro terá unha nova connotación para nós, os galegos. Hai 185 anos que Rosalía de Castro nacía en Santiago.

Como cada ano, por estas datas, todo o colexio prepara a súa homenaxe á poetisa galega, e hoxe, ás 11.30 da mañá, reunímonos todos ao redor da figura da escritora universal.

En primeiro lugar tivemos unha Rosalía do século XXI que lle enviou unha carta a todos os mozos e mozas presentes, invitándoos a non renegar da lingua galega e a non deixala esquecida polos rincóns.


 

 

 

 

 


 


A segunda actividade foi a lectura de poemas versionados, ou inspirados , dos máis fermosos da autora, como "Tembra un neno", que o fixeron os rapaces de 1º ESO e aquí expúxose o de Jimena Costas.


 

 

En 2º de ESO, Lucía Amado e Adara Barro versionaron "Tecín soa a miña tea"














Os rapaces de 3º de ESO inspiráronse en "Negra Sombra " e Martin Tenreiro leu a súa versión:



E por ultimo, nesta primeira parte, os alumnos de 4º ESO reinterpretaron os versos de "Unha vez tiven un cravo", Jana Fuentes e Begoña Álvarez leron as súas creacións:



De seguido, os alumnos de 5º e 6º de EP, contestaron á pregunta : "Nós somos Rosalía porque....."

E houbo moitas contestacións maravillosas, como: "somos poetas,amamos a lingua galega, represéntanos......."


Os rapaces de 4º e 5º de EP fixeron un "Dígocho eu", baseado en poemas de Rosalía, entretiveron e ensinaron ao mesmo tempo.


E xa case para rematar, os nenos de EI e 1º e 2º de EP, cantaron a viva voz e coas carautas de Rosalía, a canción de Uxía "Rosalía Pequeniña".





E para finalizar este acto, aínda quedaba unha última homenxe a Rosalía, degustar o seu "Caldo de gloria" no comedor do colexio.









Desde o Equipo de Dinamización Lingüística damos as grazas a todas as persoas que axudaron a que este acto se desenvolvera da mellor forma posible.


jueves, 17 de febrero de 2022

É A HORA DO "MANDADIÑO"

A que data nos achegamos? Pois ao Entroido!!!!!

Nenos e nenas do colexio están desexando ver o "Mandadiño" ,coma cada ano por estas datas, para encher o Centro de cor e ilusión.

Pois este ano ímonos convertir todos en súperheroes e superheroínas, e cómo? Pois cada dous cursos intentará emular a un heroe diferente.

Educación Infantil serán "Lanternas Verdes"

1º e 2º de EP convertiranse en "Homes e Mulleres Morcego".

3º e 4º de EP serán os /as" Incríbles".

5º e 6º de EP disfrazaránse en "Homes e Mulleres Araña".

1º e 2º ESO serán os "Capitáns GALIZA"

3º e 4º de seguro que chegarán a ser uns "Súperhomes e Súpermulleres"

CICLO: esperemos que se convertan en "O rapidiño".


Para todo isto teremos que seguir as instrucións do Mandadiño:

- LUNS 21 de febreiro : CAPA

- MARTES 22 de febreiro: CINTO

- MÉRCORES 23 de febreiro : ANTIFACE

- XOVES 24 de febreiro: LUVAS

e o VENRES 25...... estaremos completos!!!!

Animádevos a debuxar un colexio cheo de cor , alegría e SUPERHEROES!!

viernes, 28 de enero de 2022

Celebramos o Día da Paz

Mural feito polos alumnos da ESO na clase de Plástica

 - Mural pintado polos alumnos da ESO na clase de Plástica- 

Onte reunimonos no patio para celebrar o Día da Paz porque:

  • Cremos que o amor é mellor que o odio e a paz mellor que a guerra.
  • Querémonos comprometer a non pensar mal das persoas e a fixarnos en todo o bo que nos une antes que no que nos separa.
  • Querémonos comprometer a axudar a todos os que nos necesiten, a perdoar aos que nos ofendan, e a pedir perdón cando nós ofendamos a alguén.
  • Faremos todo o posible para que todos vivamos como unha gran familia, cun só corazón, para que remate a violencia, a guerra, e consigamos a paz. Non calaremos se observamos que un compañeiro está a ser insultado ou agredido por outros compañeiros.

  • O noso colexio manifesta a súa aposta incondicional pola paz e en contra de calquera acción que implique violencia entre os seres humanos.
  • Os valores que promovemos son os que anuncia o Evanxeo: a vida, o amor, a liberdade, a xustiza e a paz.
  • Por principio rexeitamos calquera actitude ou conduta que implique a perda deses valores fundamentais que nos fan humanos. As guerras nunca poden estar xustificadas; pero tampouco os insultos entre nós, as ameazas, os enfrontamentos entre grupos, as vinganzas, a discriminación...etc.

Os alumnos de Primaria, bailaron e cantaron o “Rap pola Paz” dirixidos por María, a profesora de Educación Física e Branca, la profe de Música . 


 Para finalizar o acto, soltamos as pombas que levaron a nosa mensaxe moi lonxe.


sábado, 25 de diciembre de 2021

DESEXOS DE NADAL

O Equipo de dinamización Lingüística do CPR San José de Pontedeume desexavos saúde, familia e amizade neste Nadal e sempre.

Os nosos desexos foron realizados en forma de nube, para que así cheguen máis alto e poidan cumprirse.






Todos os desexos en forma de nube acompañaron neste mes de decembro ao Nacemento que ocupou o patio, así os rapaces vían como as súas nubes facían compaña aos personaxes do Belén esperando ao neno Xesús.

Venturoso Nadal para todos desde o EDL!
 

miércoles, 22 de diciembre de 2021

ARMOUSE O BELÉN!


 

Este ano , os alumnos de 3º e 4º de ESO, puideron desfrutar dunha das actividades máis populares do noso centro: o poder teatralizar o noso tradicional "Belén Vivinte".

Foron moitas as semanas nas que nos adicamos a preparar o guión, repartir papeis, ensaios......





 Logo, o traballo que máis enerxía esgotou foi a procura de tanto vestiariario para a caracterización dos distintos personaxes e a consecución de elementos de "atrezzo" para poder recrear as diferentes esceas do Belén. Por suposto contouse coa axuda da profesora de Plástica Ana García, que nas súas aulas aproveitou para facer a casa de Ana e a de Xosé.


E por fin chegou o gran día, luns 20 de decembros, fixéronse tres pases de Belén, para que fora visto polas aulas de diferentes cursos, e o martes houbo outros tres pases, un deles moi especial, pois os familiares dos actores puideron vir velos e eles estiveron emocionados e agradecidos de volver a ter un pequeno público tan entregado. Hai que comentar que, despois de cada pase, as diferentes clases que baixaron ver o Belén, cantaron unha panxoliña na nosa lingua ao Neno Xesús.

Pousadeiros

Panadeiros

Costureiras

Pastores


Corte de Herodes

                                                                        Pousadeiras
Cidadáns na pousada

E así moitas máis escenas. Foi unha grande experiencia na que os rapaces, que ao principio só pensaban que era unha actividade de Titoría , foron pouco a pouco sendo conscientes do que ilusionaron aos alumnos das outras aulas que ían baixando a velo. Os ollos de admiración dos nenos son o mellor agasallo para tanto traballo.

E dando por finalizada a VII edición do Belén Vivinte, só desexamos a todo o mundo un Bo NAdal e un marabilloso Aninovo.

viernes, 26 de noviembre de 2021

XVII XORNADA DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA


Un ano máis, os Coordinadores de Dinamización Lingüística dos colexios de Escolas Católicas reunímonos para celebrar as Xornadas de Dinamización. Este ano é especial, pois é o 30 aniversario da aparición dos equipos de DL nos centros educativos de toda Galicia.

A inauguración da xornada foi levada a cabo pola secretaria autonómica de Escolas Católicas Juana Otero, polo secretario xeral de Política Lingüística Valentín García e pola presidenta do Consello da Cultura Rosario Álvarez. 


A primeira ponencia estivo a cargo do inspector Educativo Elisardo López. O poñente falou sobre o labor desenvolvido polos equipos de Dinamización, antes Normalización, nestes 30 anos de existincia, tamén aclarou o papel que desempeñarán no futuro inmediato á luz do novo currículo da Lomloe.


Débora Álvarez, como directora do proxecto "As Letras de Florencio", achegounos á vida e obra do homenaxeado nas vindeiras Letras Galegas: Florencio Delgado Gurriagán. Destacou como a comarca de Valdeorras, de onde era orixinario Gurriagán, queda reflectida ao longo da súa obra.


Una das experiencias mostradas nesta edición foi a de "Despedindo a Xela Arias" , onde Patricia Romasanta e Chelo Devesa das Carmelitas de Ourense amosáronnos traballos feitos polo alumnado arredor da figura de Xela Arias.

 

Retomando o tema de Florencio Delgado Gurriagán, Josefa Domínguez do colexio Divina Pastora do Barco de Valdeorras mostrounos como toda a comunidade educativa e o pobo do Barco se involucraron na candidatura de Florencio como homenaxeado das Letras Galegas. Todo o mundo se implicou na figura do autor e todas as festas, actos públicos e actividades ían dirixidas a facer do poeta un posible candidato para o día das Letras.


Chegou a hora de dar os premios "Irmán Reboiras" as mellores iniciativas de fomento do galego. Este ano recaeron en Divina Pastora de Ourensa e o Cluny de Santiago. O primeiro por fomentar a música en galego e o segundo polo seu plan de bibliotecas , o "Galeoteca". Parabéns aos nosos compañeiros destes colexios.




E xa chegamos ao broche final. Este ano os homenaxeados foron os "Raparigos de Ferrol", banda de gaiteros que levan 50 anos levando a súa música tradicional por todo o mundo. É especial para nós porque o grupo é de Ferrol, e nós como colexio pertencemos a esa zona en canto á Dinamización Lingüística, así que tamén puxemos o noso gran de area no video co que lle rendemos unha sinceira homenaxe a este grupo de valentes que, aínda cando non se podía, levaban a música e a fala galega alí por onde ían. 




E así, a ritmo de foliada e muiñeira, despedimos as Xornadas de Dinamización ata o ano que vén.