A partires deste ano, o 23 de febreiro terá unha nova connotación para nós, os galegos. Hai 185 anos que Rosalía de Castro nacía en Santiago.
Como cada ano, por estas datas, todo o colexio prepara a súa homenaxe á poetisa galega, e hoxe, ás 11.30 da mañá, reunímonos todos ao redor da figura da escritora universal.
En primeiro lugar tivemos unha Rosalía do século XXI que lle enviou unha carta a todos os mozos e mozas presentes, invitándoos a non renegar da lingua galega e a non deixala esquecida polos rincóns.
A segunda actividade foi a lectura de poemas versionados, ou inspirados , dos máis fermosos da autora, como "Tembra un neno", que o fixeron os rapaces de 1º ESO e aquí expúxose o de Jimena Costas.
En 2º de ESO, Lucía Amado e Adara Barro versionaron "Tecín soa a miña tea"
Os rapaces de 3º de ESO inspiráronse en "Negra Sombra " e Martin Tenreiro leu a súa versión:
E por ultimo, nesta primeira parte, os alumnos de 4º ESO reinterpretaron os versos de "Unha vez tiven un cravo", Jana Fuentes e Begoña Álvarez leron as súas creacións:
De seguido, os alumnos de 5º e 6º de EP, contestaron á pregunta : "Nós somos Rosalía porque....."
E houbo moitas contestacións maravillosas, como: "somos poetas,amamos a lingua galega, represéntanos......."
Os rapaces de 4º e 5º de EP fixeron un "Dígocho eu", baseado en poemas de Rosalía, entretiveron e ensinaron ao mesmo tempo.
E xa case para rematar, os nenos de EI e 1º e 2º de EP, cantaron a viva voz e coas carautas de Rosalía, a canción de Uxía "Rosalía Pequeniña".
E para finalizar este acto, aínda quedaba unha última homenxe a Rosalía, degustar o seu "Caldo de gloria" no comedor do colexio.
Desde o Equipo de Dinamización Lingüística damos as grazas a todas as persoas que axudaron a que este acto se desenvolvera da mellor forma posible.
No hay comentarios:
Publicar un comentario