martes, 19 de febrero de 2019

OUTRO ANO MÁIS ...... O MANDADIÑO CHEGA ATA NÓS!!!!





A partir do próximo luns, o Mandadiño chega para acompañarnos durante o Entroido.
Este personaxe, que estará no patio para que o poidades ver, iranos indicando que prendas teremos que vestir do luns ao xoves, lembrade que todo é acumulativo, eh!

Luns: algo na cabeza, pode ser un sombreiro, una perruca, ......


Martes: algo no pescozo, pois un colar, una garavata, un lazo de nó , ..........


Mércores : algo que tape os ollos, un antifaz, uns lentes.......


Xoves: a cara pintada con pecas!

E o venres................... FESTA!!!!!

Lembrade, no Entroido todo é festa e diversión!!!

domingo, 17 de febrero de 2019

O AMOR ESTÁ NO AIRE!


O 14 de febreiro celebrouse o San Valentín, e, aínda que creamos que o amor ten que estar presente todos os días, os nosos rapaces encheron a Árbore da Lingua de corazóns con fermosas mensaxes que ata Cupido tería envexa delas por esta data sinalada.
Aquí vos deixamos unha pequenísma mostra, pois eran moitas e o espazo pequeño.









sábado, 9 de febrero de 2019

Palabras de amor



Palabras de amor sinxelas e tenras.
Non sabíamos máis, tiñamos quince anos.
Non tiveramos tempo demasiado tempo para aprendelas,
Acabábamos de espertar do sono dos nenos.



O equipo de DL propón que escribas en galego esa primeira carta de amor ou de amizade que tantas veces estiveches a piques de escribir e á que lle deches tantas voltas na cabeciña.
Unha vez escrita daslla a calquera membro do equipo de Dinamización e recibirás un pequeniño agasallo.

Pero todo isto ten un prazo: o mesmo día de San Valentín! Así que agardámosvos con ansia. Quizais poidades emocionarnos, facernos rir, transportarnos ao pasado, facernos morrer de envexa.... Xa se sabe: son palabras de amor.

Exporémolas na nosa árbore da Lingua coma sempre.

Para inspirarvos podedes escoitar esta fermosísima versión da canción de Joan Manuel Serrat, na voz de Alberto Cunha:

http://www.youtube.com/watch?v=aEHm3FPn0u0

viernes, 8 de febrero de 2019

O GALIQUINCE







Ola a todo o mundo!
Dende Dinamización Lingüísta propoñemosvos un reto: que todos os quince de cada mes se fale galego en todas as sesións lectivas e mesmo no patio.
Queremos que o galego non desapareza e observando o noso centro e a nosa contorna , podemos comprobar que o seu uso vai diminuíndo aceleradamente, é por iso que queremos frear este fenómeno e para iso contamos coa vosa colaboración.
Desde logo, o galego poderá estar presente todos os días no cole, pero queremos que os "quince" sexa un acto colectivo, toda a nosa comunidade educativa compartindo a mesma lingua.

Será marabilloso, non coidas?

Ánimo!!

martes, 5 de febrero de 2019

TRABALLANDO POLA PAZ


Este mes de xaneiro tamén se traballou pola Paz desde o equipo de Dinamización Lingüística.
Todos os niveis educativos do noso centro, encheron a nosa árbore de mensaxes a prol da Paz.
Desde aquí gustaríanos que este día non fora lembrado soamente por unha data en concreto, que fagamos de  todos os días o día da Paz.
Deixámosvos varias fórmulas:
1. Saudar todas as mañáns cun bos días e un sorriso.
2. Axudar aos compañeiros cando o precisen.
3. Dar una aperta de corazón.
4. Non berrar para pedir as cousas.
5. Poñervos no lugar dos demais para poder sentir o que eles.

E así un montón de cousas máis que poden facer que a Paz estea entre nós!



miércoles, 23 de enero de 2019

NO MES DE XANEIRO...........................






                                                Do un de xaneiro en diante,
                                                o inverno é constante.

Neste mes de xaneiro traballamos coa lingua e coa meteoroloxía. O noso idioma está cargadiño de refráns e adiviñas relacionadas co inverno, e os rapaces , desde o máis pequenos ata os maiores , puxeron todo o seu interese en informarse e plasmalo en follas que remitían aos elementos meteorolóxicos típicos destas datas: neve, nubes, pingas de auga.....




jueves, 20 de diciembre de 2018

OS HAIKUS ( III concurso de fotografía descritiva)

                                             Boneco de neve,
                                      meniño feito de xeo,
                                             frío desexo

Con este Haiku queremos amosarvos todo o traballo realizado por moitos alumnos e alumnas do colexio que quixeron participar nesta actividade a prol do uso da lingua galega.

Os máis pequenos realizaron unas bonitas bolas, campás e anxiños repletos de bos desexos que colgaron na nosa fermosa árbore da lingua.
 
Os demais alumnos da EP e ESO puxeron a traballar a súa imaxinación e saíulles verdadeiras obras de arte. Aquí están algúns exemplos:
 


 
Pero como isto era un concurso houbo gañadores. Todos os rapaces de Infantil foron gañadores, xa que todos traballaron desde o seu corazón.

En EP gañou unha alumna de 4º  chamada Jimena costas Abeledo ao realizar este bonito traballo:
 

En Educación Secundaria gañou a alumna Clara Zapatero López de 2º ESO. Esta é a súa magnífica obra:

Os premios para os gañadores foron  libros para que continúen alimentando a súa imaxinación.