martes, 5 de febrero de 2019
TRABALLANDO POLA PAZ
Este mes de xaneiro tamén se traballou pola Paz desde o equipo de Dinamización Lingüística.
Todos os niveis educativos do noso centro, encheron a nosa árbore de mensaxes a prol da Paz.
Desde aquí gustaríanos que este día non fora lembrado soamente por unha data en concreto, que fagamos de todos os días o día da Paz.
Deixámosvos varias fórmulas:
1. Saudar todas as mañáns cun bos días e un sorriso.
2. Axudar aos compañeiros cando o precisen.
3. Dar una aperta de corazón.
4. Non berrar para pedir as cousas.
5. Poñervos no lugar dos demais para poder sentir o que eles.
E así un montón de cousas máis que poden facer que a Paz estea entre nós!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario