Hoxe pola mañá,
reunímonos todos xuntos para festexar as Nosas Letras.
Este ano, foi Xosé Fernando Filgueira Valverde
o escritor homenaxeado e tivemos a oportunidade de descubrilo un pouco máis
grazas a un ppt presentado por rapaces de 4º de ESO.
Como algo que
caracteriza á fala galega é a disputa dialéctica en verso e improvisada, os
alumnos de 2º da ESO deixáronnos gozar dunhas regueifas feitas por eles mesmos.
O baile galego
tradicional veu da man dalgunhas rapazas do terceiro ciclo de E.P, coa fermosa
“Muiñeira mariñana”.
Todo o salón de
actos cantou con moita marcha, a interpretación de Paco Nogueiras na que anima
e fomenta o uso da nosa lingua: “Meu mundo é”.
Para finalizar a
celebración no salón, todos nos puxemos en pé para poder interpretar o Himno
Galego, acompañados pola música da gaita do noso compañeiro Xavier.
Pero a festa non
rematou aí!!!!!, aínda nos quedaban folgos para poder brincar cos xogos
tradicionais, dos que maiores e nenos puidemos
aproveitar ata que tocou a campaíña de marchar!!
E como todos os
anos, o equipo de pilotaxe de Dinamización Lingüística, damos as grazas a
cantas persoas colaboraron para que hoxe fora unha xornada máxica.
MIL PRIMAVEIRAS
MÁIS PARA A NOSA LINGUA!!!! FALEMOS GALEGO
No hay comentarios:
Publicar un comentario