domingo, 26 de febrero de 2017

CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA

Celebramos o nacemento de Rosalía de Castro con diferentes actos promovidos polo equipo de Dinamización Lingüística , co gallo de dar a coñecer a figura da grande escritora galega.
En todas as aulas, dende E.I ata ESO, rendiuselle unha agarimosa homenaxe recitando os seus emblemáticos poemas, interpretando poemas musicados, falando da súa vida e obra........
Aquí está una pequeñísima escolma do realizado en conmemoración da figura de Rosalía de Castro:




E O MANDADIÑO CHEGOU

Como cada Entroido, a fantasía chega ao noso Centro. Este ano tocoulle ao Mandadiño invitarnos a que todos nos disfrazáramos dun mesmo xeito. Primeiro foi a garavata, logo o chapeu, a perruca e por último o anteface ou lentes.
Toda a comunidade educativa participou de bo grao e fixo que os recreos e mesmos as aulas de diferentes materias foran máis divertidas.
Aquí deixamos una pequena mostra do que aconteceu esta semana no noso Colexio.
Moitas grazas por participar



miércoles, 15 de febrero de 2017

ENTROIDO, ENTROIDIÑO CHEGA O MANDADIÑO



A partir do luns aparece o Mandadiño no noso centro e iranos acompañando durante todo o Entroido.
Este personaxe indicaranos que prendas teremos que vestir do luns ao xoves para que pareza un Entroido de verdade.
LUNS: unha garabata
MARTES: un chapeu
MÉRCORES: unha perruca
XOVES: uns lentes ou anteface

Veña!! Participemos todos e sintamos o Entroido no corpo!



E.........San Valentín chegou ás nosas aulas!

Como cada febreiro o día de San Valentín chega ás nosas vidas, e como non podía ser doutro xeito, todos os nosos rapaces escribiron e recibiron bonitas cartas de amizade.
Dende os máis pequenos ata os maiores sentíronse moi ledos coas súas cartiñas.
 Ningúnha persoa se quedou sen recibir algunha misiva.
Os máis pequerrechos fixeron unha festa da "amizade " ao rítmo de  "Quérote máis".de Sonoro Maxin:
"Quérote máis , quero querote máis que a tortilla de patacas con xamón
Quérote máis quero Quérote máis cada vez que me latexa o corazón"










viernes, 27 de enero de 2017

O MIRADOIRO DA LINGUA




Co gallo de querer dinamizar o galego, o equipo de Dinamización Lingüística pon ao servizo de todo o mundo un fermoso "miradoiro" para poder facerse fotos con ilustracións e pensamentos cara a nosa lingua.
Queremos invitar a todo o mundo que se queira fotografar, a que  pase por alí  e nos envíen as fotos , estaremos encantados de mostralas no noso blogue.
Grazas por colaborar coa Lingua Galega







O noso miradoiro



jueves, 15 de diciembre de 2016

BO NADAL!

Dende o Equipo de Dinamización Lingüística desexamos un Bo Nadal a todos os que formamos este Colexio, persoal docente, non docente, directivos, nen@s, pais e nais.
Vivide o Nadal, vivide o GALEGO!!!




Hai un vento cheo de frío
apousado nos camiños.
E no ar un asubío
todo cheo de aloumiños.
pero un vento milagreiro
nascerá pol-o Nadal.
Brilará coma un luceiro
pra alomear o portal.
Xa nas ponlas dun carballo
nasceu un vento ventiño;
ten doces versos de orballo
e azas de paxariño.
Ten azas de paxariño
e craridades de día,
que llas deu Jesús Neniño
e Santa Virxe María.
Manuel María
Lugo, Nadal, 1951

miércoles, 30 de noviembre de 2016

ENTREGA DE PREMIOS DO "1º CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DESCRITIVA"

Como xa anunciamos nunha entrada anterior, hoxe tivo lugar a entrega dos premios do concurso de fotografía descritiva.

O lugar escollido para o evento foi a biblioteca e áta alí se achegaron todos os participantes con desexos de saber quen levara premio.

A sorpresa foi que todos foron premiados, xa que a calidade das súas descricións e fotografías era moi alta, pero , recontados os votos houbo un gañador (neste caso gañadoras) por etapa.

En E. P o primeiro premio foi levado por Inés Rodríguez e en Secundaria pola alumna Nerea Rodríguez.

Aquí vos deixamos una mostra do que foi a entrega de premios.
Parabéns a tod@s  os participantes por facer da Lingua Galega un vehículo de unión entre a literatura e a fotografía.
Mil grazas por participar.