S. Andrés era hoxe,e como en tal data os trompos andan a ras do chan e algunha que outra buxaina veu bailar no noso colexio. Moitos o intentaron (que niso consiste este deporte) pero só uns poucos elexidos puideron facer que bailasen.
Os rapaces de ESO viñeron preparados tanto para bailar o peón coma para ensinar aos pequenos. Velaquí algunhas imaxes:
Algúns dos rapaces fixérono moi ben, como Pablo, Miguel, Aarón, Rubén e Diego, o resto intentárono con máis ou menos sorte pero quen a bailou moi ben, coma se levara toda a vida facéndoo, foi a nosa directora Carmelina.
As imaxes valen máis que mil palabras, por iso deixamos por aquí algunhas fotos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario