Ola a todos,
como estamos rodeados un fermosísimo outono, os membros do equipo de Dinamización Lingüística pensamos en realizar un concurso de fotografía no que describades en poucas palabras a imaxe elixida, o tema é o outono.
Aquí vos deixamos as bases do concurso , esperando que aparticipación sexa altísima!
BASES
1. Presentación dunha fotografía relativa ao outono aportando unha pequena descrición. (tamaño 15x20). A fotografía pegarase a a un folio A4, con título e a descrición.
2. Entregarase co nome e curso por detrás á titor@
3. O prazo de entrega comprende desde o 07 de novembro ata o 23 de dito mes.(Ámbolos dous incluídos)
4. Só se acepta un traballo por persoa.
5. Valorarase a orixinalidade da fotografía e do texto.
6. Os premios serán entregados o 30 de novembro na Biblioteca á hora do recreo.
7. O xurado estará composto polos membros de Dinamización Lingüística.
8. Importante: non se admitirán fotografías tiradas de Internet.
9. Os traballos noutra lingua que non sexa a galega quedarán fora do concurso.

No hay comentarios:
Publicar un comentario