miércoles, 24 de octubre de 2018

EMPEZAMOS ........CO OUTONO!

Moi boas a todo o mundo!
Un ano máis estamos dispostos a traballar moitísimo a prol da nosa lingua; esta lingua que ás veces nos esquecemos de que é o noso tesouro e non a utilizamos tanto.
Para que esta situación cambie, o equipo de Dinamización Lingüística do noso centro vai propoñer actividades moi divertidas para que utilicemos o galego case sen decatarnos.
A primeira actividade foi encher a nosa "árbore da lingua" con cogumelos, follas, ourizos....repletos de versos creados por nós mesmos.
O traballo foi moi gozoso, pois por equipos traballamos as poesías dándolles sentidiño e forma.
Se queredes pasar e ler as nosas creacións , non tedes máis que achegarvos á nosa ÁRBORE.

Que actividade nos terán preparada para o Samaín? Na próxima entrada saberédelo!



jueves, 17 de mayo de 2018

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2018

O día de onte foi unha data moi importante para todos nós no colexio, celebrouse a festa das nosas Letras, da nosa Literatura, da nosa Cultura, é dicir a Festa do que somos : GALEGOS.

Este ano dedícase o Día das Letras Galegas a Mª Vitoria Moreno, unha cacereña que ao chegar a Galicia namorouse da súa fala e da súa cultura e fixo disto a súa razón de ser, pois ata foi represaliada por alfabetizar a adultos en Lingua Galega.
Os rapaces de 1º de ESO achegáronnos a súa vida e a súa obra:


María Vitoria cultivou sobre todo a Literatura Infantil e Xuvenil, e para mostra do que fixo, os alumnos de 1º e 2º de ESO amenizáronnos cunha peza de teatro infantil titulada " A nena que quería ser unha boa bruxa":


As Letras e a música sempre van unidas e nós puidémolo comprobar coa fabulosa actuación do grupo LILAINA:


Un dos momentos máis entrañables foi cando se subiu ao escenario o alumnado de 4º de EP para interpretar "A ratiña Feroz":



Toda festa que se precie ten un baile, e que mellor que festexar as Letras coa nosa muiñeira máis internacional, a Muiñeira de Chantada, todo un gozo para a vista e os ouvidos. Os encargados foron os rapaces que asistiron ao obradoiro de folclore que tivo lugar unhas semanas antes:


E para rematar quedou o máis importante: o noso HIMNO, feito por Pondal e que desde o Rexurdimento fai florecer a esencia de ser galegos no noso corazón.


Lembrade, nós recibimos a Lingua Galega en herdanza e é o noso papel coidala para que chegue aos nosos fillos, así que FALADE GALEGO e a Lingua Galega non morrerá.




domingo, 29 de abril de 2018

OS LIBROS QUE NOS GUSTAN

Con motivo do "Día do Libro", que tivo lugar o 23 de abril, dende o equipo de Dinamización propúxose aos alumnos que describiran os  libros que máis lles gustaran desde sempre.
Os rapaces sacaron o mellor deles para redactar os motivos polos que elixían eses libros, moita emoción e lembranzas desas lecturas.
Aquí vos deixamos os máis salientables:








viernes, 13 de abril de 2018

ENREGUEIFATE

Por segundo ano consecutivo, os nosos alumnos participan no concurso ENREGUEIFATE.
Pero......que é Enregueifate? Pois Enreguéifate é un proxecto impulsado polos concellos de Ames, Carballo, Santiago de Compostela e Teo que apoia a difusión da improvisación oral en verso para contribuír, por medio dela, á promoción do uso da lingua galega.

O obxectivo principal deste proxecto é que a rapazada entre en contacto coa improvisación oral en verso a través da experiencia de regueifar, e no noso colexio estamos a inténtalo. Esperamos facelo mellor ano a ano.
Aquí vos deixamos dúas mostras, os rapaces de 1º de ESO no que describen a situación do galego en Galicia e os rapaces de 3º de ESO que contan a historia da Ponte da vila.:

domingo, 11 de marzo de 2018

CELEBRANDO O DÍA DA MULLER EN 2º DE EP

Os nenos e nenas de 2º de Primaria conmemoramos o día da Muller realizando unha serie de actividades. Vimos a historia de Arturo e Clementina e mantivemos unha interesante conversa sobre a mesma. Logo comentamos os motivos polos que pensabamos que as nosas nais eran súper mulleres e fixemos unha actividade para plasmar o noso pensamento. Deixámosvos as fotos a continuación

sábado, 10 de marzo de 2018

CIENTÍFICAS GALEGAS

No Día da Muller, queremos lembrarnos das nosas científicas. Tanto das mulleres que comezaron con moitas trabas no seu camiño e ainda así, conseguiron facer o que lles gustaba, traballar nun mundo de homes e faciliatarlle o camiño ás demáis.
Os alumnos de 3º e 4º da ESO buscaron científicas galegas, descoñecidas na maioría dos casos, pero mulleres importantes en todas as áreas da ciencia.
Aquí deixamos unha mostra.

DÍA DA MULLER





O pasado 8 de marzo, celebrouse en todo o mundo o Día da Muller.
Os alumnos da ESO quixeron celebrar esta data dedicándolle un texto á muller marabillosa que admiran.
Moitos deles elixiron ás súas nais, avoas, curmás pero tamén a peroas que loitaron por ser iguais nun mundo dominado polos homes como algunhas pilotos de rallys, bombeiras, ......
Escribiron textos cheos de agradecemento e admiración. Daban as grazas por facerlles o seu camiño máis fácil, grazas a elas, as rapazas de hoxe en día teñen moito gañado en canto a igualdade .
Oxalá todos os días foran 8 de marzo.