jueves, 9 de marzo de 2017

PARA QUE TODOS OS DÍAS SEXAN 8 DE MARZO


Ao  longo de toda esta semana celebrouse con diferentes actividades “ O Día da Muller”.
O primeiro paso foi a dar a coñecer aos rapaces o porque desta celebración e nunha data tan específica como é o 8 de marzo.
Documento co que se traballou

 Os alumnos de 3º e 4º de EP traballaron xuntos este tema e fixeron unha fermosa exposición sobre grandes mulleres ao longo da historia que lles chamaron moito a atención polo realizado ao longo das súas vidas.

Podedes visitar o mural no espazo da "nosa árbore". Aquí vos queda as testemuñas  do seu traballo:


 
En Secundaria traballaron este aspecto de forma diferente:
En 1º ESO elaboraron unha poesía en forma de diamante dedicada á MULLER:
 
En 2º ESO, todos e cada un deles redactaron un escrito imaxinando o que sería a cuestión da Muller en dez anos.
María escribía o seguinte:
Dentro de dez anos a muller será máis libre. Poderá aspirar a ter os mesmos dereitos cos homes. Ao longo do tempo a súa posición social foi mellorando, pero aínda non é de todo igual e nótase un certo punto machista na sociedade. En dez anos, isto cambiará, a muller será libre, terá dereito a opinar en todos os países, todos, homes e mulleres, cobrarán o mesmo polo mesmo traballo e serán valoradas.
Hai homes que pensan que as mulleres son inferiores, incultas e que non son capaces de razoar e opinar sobre temas importantes, e isto non é así. Pode que moitas persoas e xente que conseguiu algo grande no pasado foran homes, pero, cantas cousas temos grazas ás mulleres?
Débese valorar o seu traballo e esforzó, e recompensalo sen pensar que se trata dunha muller, senón que é una persoa que logra alcanzar os seus obxectivos. O salio actual das mulleres e igual ca dos homes nalguns casos pero noutros moitos non.
Non en todos os campos hai igualdade, adoita a haber mulleres que se dedique á política? Case todos son homes, e se nos fixamos no noso país, todos os Presidentes son e foron homes.
A liberdade de expresión e de vestimenta dentro de dez anos será posible. Unha muller non será xulgada pola súa roupa , será libre de ir vestida como queira, mesmo en países que agora van totalmente cubertas.
Gustaríame que só faltase dez anos para que se cumpra todo o que digo, pero ata que chegue ese día: Defendamos que todos os días sexan 8 de marzo.
Terceiro e cuarto da ESO utilizaron a imaxinación para tratar o tema, despois de investigar os estereotipos que había na rede sobre o home e a muller. Vexámolos:
HOMES                                                                                                           MULLERES
estabilidade emocional                                                                        inestabilidade emocional
mecanismos de autocontrol                                                                falta de control
dinamismo                                                                                              pasividade
agresividade                                                                                           tenrura
tendencia ao dominio                                                                           submisión
afirmación do "eu"                                                                                dependencia
cualidades e aptitudes intelectuais                                                    pouco desenvolvemento intelectual
aspecto afectivo pouco definido                                                         aspecto moi marcado
aptitude para as ciencias                                                                      intuición
racionalidade                                                                                          irracionalidade
franqueza                                                                                                frivolidade
valentía                                                                                                    medo
eficiencia                                                                                                 incoherencia
amor ao risco                                                                                          debilidade
obxectividade                                                                                         subxectividade
Entón o que fixeron os rapaces foi rachar con estes prexuizos . As cualidades atribuídas aos homes foron representadas polas alumnas e as cualidades das mulleres foron interpretadas polos nenos.

ESTABILIDADE







ASPECTO AFECTIVO POUCO DEFINIDO



INESTABILIDADE EMOCIONAL













DEBILIDADE

domingo, 26 de febrero de 2017

CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA

Celebramos o nacemento de Rosalía de Castro con diferentes actos promovidos polo equipo de Dinamización Lingüística , co gallo de dar a coñecer a figura da grande escritora galega.
En todas as aulas, dende E.I ata ESO, rendiuselle unha agarimosa homenaxe recitando os seus emblemáticos poemas, interpretando poemas musicados, falando da súa vida e obra........
Aquí está una pequeñísima escolma do realizado en conmemoración da figura de Rosalía de Castro:




E O MANDADIÑO CHEGOU

Como cada Entroido, a fantasía chega ao noso Centro. Este ano tocoulle ao Mandadiño invitarnos a que todos nos disfrazáramos dun mesmo xeito. Primeiro foi a garavata, logo o chapeu, a perruca e por último o anteface ou lentes.
Toda a comunidade educativa participou de bo grao e fixo que os recreos e mesmos as aulas de diferentes materias foran máis divertidas.
Aquí deixamos una pequena mostra do que aconteceu esta semana no noso Colexio.
Moitas grazas por participar



miércoles, 15 de febrero de 2017

ENTROIDO, ENTROIDIÑO CHEGA O MANDADIÑO



A partir do luns aparece o Mandadiño no noso centro e iranos acompañando durante todo o Entroido.
Este personaxe indicaranos que prendas teremos que vestir do luns ao xoves para que pareza un Entroido de verdade.
LUNS: unha garabata
MARTES: un chapeu
MÉRCORES: unha perruca
XOVES: uns lentes ou anteface

Veña!! Participemos todos e sintamos o Entroido no corpo!



E.........San Valentín chegou ás nosas aulas!

Como cada febreiro o día de San Valentín chega ás nosas vidas, e como non podía ser doutro xeito, todos os nosos rapaces escribiron e recibiron bonitas cartas de amizade.
Dende os máis pequenos ata os maiores sentíronse moi ledos coas súas cartiñas.
 Ningúnha persoa se quedou sen recibir algunha misiva.
Os máis pequerrechos fixeron unha festa da "amizade " ao rítmo de  "Quérote máis".de Sonoro Maxin:
"Quérote máis , quero querote máis que a tortilla de patacas con xamón
Quérote máis quero Quérote máis cada vez que me latexa o corazón"










viernes, 27 de enero de 2017

O MIRADOIRO DA LINGUA




Co gallo de querer dinamizar o galego, o equipo de Dinamización Lingüística pon ao servizo de todo o mundo un fermoso "miradoiro" para poder facerse fotos con ilustracións e pensamentos cara a nosa lingua.
Queremos invitar a todo o mundo que se queira fotografar, a que  pase por alí  e nos envíen as fotos , estaremos encantados de mostralas no noso blogue.
Grazas por colaborar coa Lingua Galega







O noso miradoiro



jueves, 15 de diciembre de 2016

BO NADAL!

Dende o Equipo de Dinamización Lingüística desexamos un Bo Nadal a todos os que formamos este Colexio, persoal docente, non docente, directivos, nen@s, pais e nais.
Vivide o Nadal, vivide o GALEGO!!!




Hai un vento cheo de frío
apousado nos camiños.
E no ar un asubío
todo cheo de aloumiños.
pero un vento milagreiro
nascerá pol-o Nadal.
Brilará coma un luceiro
pra alomear o portal.
Xa nas ponlas dun carballo
nasceu un vento ventiño;
ten doces versos de orballo
e azas de paxariño.
Ten azas de paxariño
e craridades de día,
que llas deu Jesús Neniño
e Santa Virxe María.
Manuel María
Lugo, Nadal, 1951