Ao longo de toda esta semana celebrouse con
diferentes actividades “ O Día da Muller”.
O primeiro paso
foi a dar a coñecer aos rapaces o porque desta celebración e nunha data tan
específica como é o 8 de marzo.
Documento co que se traballou
Os alumnos de 3º e 4º de EP traballaron xuntos este tema e fixeron unha fermosa exposición sobre grandes mulleres ao longo da historia que lles chamaron moito a atención polo realizado ao longo das súas vidas. Podedes visitar o mural no espazo da "nosa árbore". Aquí vos queda as testemuñas do seu traballo:
En Secundaria
traballaron este aspecto de forma diferente:
En 1º ESO
elaboraron unha poesía en forma de diamante dedicada á MULLER:
En 2º ESO, todos
e cada un deles redactaron un escrito imaxinando o que sería a cuestión da
Muller en dez anos.
María escribía o seguinte:
Dentro de dez anos a muller será máis libre. Poderá aspirar a ter os mesmos dereitos cos homes. Ao longo do tempo a súa posición social foi mellorando, pero aínda non é de todo igual e nótase un certo punto machista na sociedade. En dez anos, isto cambiará, a muller será libre, terá dereito a opinar en todos os países, todos, homes e mulleres, cobrarán o mesmo polo mesmo traballo e serán valoradas.
Hai homes que pensan que as mulleres son inferiores, incultas e que non son capaces de razoar e opinar sobre temas importantes, e isto non é así. Pode que moitas persoas e xente que conseguiu algo grande no pasado foran homes, pero, cantas cousas temos grazas ás mulleres?
Débese valorar o seu traballo e esforzó, e recompensalo sen pensar que se trata dunha muller, senón que é una persoa que logra alcanzar os seus obxectivos. O salio actual das mulleres e igual ca dos homes nalguns casos pero noutros moitos non.
Non en todos os campos hai igualdade, adoita a haber mulleres que se dedique á política? Case todos son homes, e se nos fixamos no noso país, todos os Presidentes son e foron homes.
A liberdade de expresión e de vestimenta dentro de dez anos será posible. Unha muller non será xulgada pola súa roupa , será libre de ir vestida como queira, mesmo en países que agora van totalmente cubertas.
Gustaríame que só faltase dez anos para que se cumpra todo o que digo, pero ata que chegue ese día: Defendamos que todos os días sexan 8 de marzo.
Terceiro
e cuarto da ESO utilizaron a imaxinación para tratar o tema, despois de
investigar os estereotipos que había na rede sobre o home e a muller. Vexámolos:
HOMES
MULLERES
estabilidade emocional inestabilidade emocional
mecanismos de autocontrol falta de control
dinamismo pasividade
agresividade tenrura
tendencia ao dominio submisión
afirmación do "eu" dependencia
cualidades e aptitudes intelectuais pouco desenvolvemento intelectual
aspecto afectivo pouco definido aspecto moi marcado
aptitude para as ciencias intuición
racionalidade irracionalidade
franqueza frivolidade
valentía medo
eficiencia incoherencia
amor ao risco debilidade
obxectividade subxectividade
Entón o que fixeron os rapaces foi rachar con estes prexuizos . As cualidades atribuídas aos homes foron representadas polas alumnas e as cualidades das mulleres foron interpretadas polos nenos.
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario