lunes, 27 de mayo de 2024

ANTONIO M. FRAGA FALA DOS SEUS LIBROS COS RAPACES DE ESO.

 


Este último trimestre do curso, os alumnos de 3º e de 4º de ESO leron tres libros de Antonio Fraga, os rapaces de 3º leron Santoamaro e Querido H.P Lovecraft , mentras que os rapaces de 4º fixeron o propio con A virxe das Areas.




Antonio empezou dicindo cal foi a motivación que o levou a escribir cada un dos libros. Así soubemos que a Virxe das areas naceu como un relato por capítulos para un concurso de La Voz de Galicia. É por iso que esta obra ten unhas características moi particulares, cada capítulo debía ter un número concreto de caracteres, o final tiña que ter moito suspense e por suposto, a historia tiña que ocorrer en Galicia.

Querio H.P. Lovecraft foi unha obra que tivo moito traballo de investigación por parte do autor, xa que dos personaxes que fala existiron en realidade e o que conta tamén pasou, pero Antonio novelouno con gran mestría.

Despois destas dúas obras tan diferentes chegou a quenda de Santoamaro, historia que xurde dos paseos do escritor por esa praia e inspirada polos mozos e mozas aos que lles da clases. 


Ao rematar a súa exposición , chegou a quenda das preguntas. Os rapaces preguntaron por determinados personaxes, se continuaría Santoamaro cunha segunda obra, cal é momento idóneo para escribir e cales son os pasos á hora de planificar unha obra.

Finalizado o tempo, chegou o momento das dedicatorias nos libros.


Este foi o terceiro curso que Antonio Fraga nos visita. Sempre é un pracer lelo, recibilo e escoitalo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario