viernes, 17 de mayo de 2024

DÍA DAS LETRAS GALEGAS- LUÍSA VILLALTA



 Por fin chegou a celebración máis desexada por todos os que amamos a nosa lingua: As Letras Galegas.
Este ano réndese homenaxe a Luísa Villalta. Durante algúns días, as profesoras deste colexio deron a coñecer a súa traxetoria con diferentes traballos .





Chegado o día, a celebración pasou ao salón de actos do colexio. Dous alumnos de ESO, Pablo e Adán , foron os encargados de presentar o acto.



O primeiro que se fixo foi saber algo máis polo miúdo quen foi Luísa Villalta, profesora, poetisa, dramaturga, narradora, violinista...... As encargadas de presentárnola foron Daniella e Vida, de 6º de EP.




Como dixemos anteriormente, Luísa Villalta dedicou gran parte da súa vida á música, e en especial á de violín, para lembrala, María e Ana de 5º de EP, tocaron ao violín "O son do ar".



Despois da fermosa música do violín, coñecimos outra faceta da homenaxeada, a de dramaturga. Villalta escribiu unha peza de teatro chamada " CONCERTO PARA UN HOME SO, e os rapaces Hugo Oreiro e Hugo Suárez de 3º ESO, interpretaron maxistralmente  unha adaptación desa peza.




Para festexar a lingua máis bonita da familia románica, alumnos da ESO , acompañado dun corpo de baile de rapazas de 6º de EP, interpretaron A FALA, poema de Manuel María  e musicado por Uxía.



Luís Villalta foi ante todo poeta, así representantes das diferentes etapas , recitaron poemas da autora, e ao final , portaron carautas da mesma para sentirse máis preto dela.



Como non podían faltar, as profesoras Maria e Mariana interpretaron a PAndereitada de Villaverde de Cereo ao son das súas pandeiretas.



O acto rematou, como non podería ser doutro xeito, coa interpretación do noso himno. Se estamos atentos ás súas verbas, é a homenaxe máis grande que se lle podería facer á nosa LINGUA.
Todas as Linguas suman, non restan, asi que .....FALADE GALEGO!

No hay comentarios:

Publicar un comentario