como ven sendo costume por estas datas, o equipo de Dinamización Lingüística convoca o concurso de fotografía descritiva, pero este ano hai un pequeño-gran cambio, en vez de describir o que ides fotografar, hai que facer un HAIKU.
Preguntarédesvos que é un "haiku", pois ben, é un xénero poético de orixe xaponesa.
É moi doado de facer, apuntade:
- Non ten rima
- O primeiro verso só ten 5 sílabas, e é onde se fala do sitio ou do tempo da foto, neste caso.
- O segundo verso ten 7 sílabas
- Terceiro verso 5 sílabas.
Velaquí un exemplo:
Vella lagoa...
Unha rá brinca;
O son da auga.
En total hai que escribir un poema de 17 sílabas, así que ánimo! , a facer fermosas fotos que vos transmitan pura poesía.
O prazo remata o 12 de decembro.
Os traballos entregaranse aos profesores que os farán chegar ao equipo de DL.
Grazas e a participar!
No hay comentarios:
Publicar un comentario